– O Goberno local aposta este ano por reforzar a cita e recuperar o inicio das festas xa na fin de semana anterior, algo que non se facía desde 1989. O calendario festivo comezará o 30 de maio co I Choquiño Urban Fest e IV Urban Jam, e prolongarase ata o 7 de xuño. Inclúe grandes concertos como El Drogas, no Redondela Rock, Marc Seguí, e as orquestras Panorama e París de Noia, ademais de grupos locais e programación para o público infantil co Payaso Tallarín e Uxía Lambona.
– A alcaldesa, Digna Rivas, destaca o protagonismo das tradicións ancestrais como as danzas das Penlas e as Espadas, xunto coas alfombras florais. Rivas agradeceu a participación da veciñanza e puxo en valor “o gran traballo e a implicación de danzantes e alfombristas para manter viva a tradición”. A pregoeira este ano será Carla Abad, figura destacada do deporte local.
O Concello de Redondela presentou a nova edición da Festa da Coca, cita declarada de Interese Turístico de Galicia. O Goberno local aposta este ano por reforzar a cita e recuperar o inicio das festas xa na fin de semana anterior, algo que non se facía desde 1989. Así, a programación comeza o sábado 30 de maio e prolóngase ata o domingo 7 de xuño con actuacións de gran nivel e pensadas para todos os públicos. Durante o acto de presentación a alcaldesa Digna Rivas, manifestou o seu orgullo por unha celebración que define a identidade do municipio. “Esta é unha festa que é de todos e de todas”, sinalou a rexedora, que agradeceu “o gran traballo, esforzo e participación da veciñanza, que ano tras ano se envorca para facer lucir a nosa vila”. Na presentación participou unha representación de alfombristas e das danzas das Penlas e as Espadas, así como a pregoeira, Carla Abad, e a concelleira de Cultura, Rita Pérez.
Tradicións e participación cidadá
Os ritos ancestrais das danzas volverán conmover ao público nas rúas e prazas xunto á Coca, “a verdadeira esencia destas festas” nunhas rúas engaladas polas espectaculares alfombras florais no centro urbano e Vilavella.
A encargada de dar o pregón será Carla Abad, de quen Rivas destacou a súa traxectoria vencellada ao deporte local desde as categorías de base, e agora tamén na Federación Galega de Balonmán.
Grandes concertos e actividades para o público infantil e xuvenil
A alcaldesa salientou “o excelente nivel e a variedade” dunha oferta musical e de lecer. “Artellar unha axenda que combina figuras de renome estatal co pulo dos artistas locais para unha programación con identidade propia”, subliñou a rexedora. Rivas destacou a aposta pola mocidade e as novas tendencias con citas urbanas potentes como o Choquiño Urban Fest e o Urban Jam, sen esquecer ao público máis miúdo, que contará cunha proposta familiar estrela da man do recoñecido espectáculo musical “El Payaso Tallarín, Un Mundo Mágico”. O Rock Redondela, as orquestras Panorama e París de Noia, e o concerto de Marc Seguí son algunhas das grandes propostas destes días en Redondela.
Programa Oficial da Festa da Coca 2026
Sábado 30 de maio
• 11.00 h. Choquiño Urban Jam nas inmediacións do Skate Park da Marisma. Obradoiros de Parkour, Skate, Breaking e Stencil. Exhibición profesional de BMX FlatLand. (de balde)
• 19:30 h. Choquiño Urban Fest no Campo da Feira (Entrada de balde). Coas actuacións de: 9Louro, Ortiga, Kike Varela, DJ Valdi, DJ Ramsés López, French Riviera e Rodri Vegas.
Domingo 31 de maio
• 18:30 h. Público Infantil/Familiar: Cantaxogos “El Payaso Tallarín, Un Mundo Mágico” no Campo da Feira.
Mércores 3 de xuño
• 18:00 h. Desfile de Xigantes e Cabezudos co grupo de gaitas Airiños de San Simón.
• 19:30 h. Concerto da Orquestra de Saxos de Redondela na Praza do Concello.
• 20:00 h. Lectura do pregón por Carla Abad Alonso, Relevo das Penlas, Homenaxe ás/aos Alfombristas, Danza das Espadas e acendido da iluminación.
• 22:00 h. Concerto da Orquestra Panorama no Campo da Feira.
• Durante a noite: Elaboración das Alfombras Florais polas rúas de Redondela.
Xoves 4 de xuño
• 11:00 h. Traslado da Virxe “A Gabacha” desde Vilavella á Igrexa de Santiago, coa Danza das Espadas, as Penlas e a Banda de Música de Redondela.
• 12:00 h. Desfile da Coca cos Mordomos e Diañiños, Xigantes e Cabezudos con Son do Castro.
• 12:00 h. Misa Maior na Igrexa de Santiago de Redondela.
• 13:00 h. Procesión polas rúas decoradas, Banda de Música Municipal e Baile de homenaxe da Danza das Espadas e das Penlas na Praza da Constitución.
• 18:00 h. Concerto da Banda de Música de Redondela na Alameda de Castelao.
• 19:30 h. Público Infantil/Familiar: Concerto de Uxía Lambona e a Banda Molona na Alameda.
• 21:30 h. Concerto da Orquestra Gran Parada no Campo da Feira.
Venres 5 de xuño
• 10:30 h. Alborada coa Banda de Música Municipal de Redondela.
• 11:30 h. Retorno da Virxe “A Gabacha”.
• 18:00 h. Deporte: Balonmán na Rúa na pista da Xunqueira e Alameda.
• 20:00 h. Redondela Rock no Campo da Feira coas actuacións de: El Drogas, Los Ásperos, Chocolate Sexy, Nocheni, Vértize e Dassault.
Sábado 6 de xuño
• 11:00 h. Alborada coa Banda de Música de Arcade.
• 18:00 h. Concerto da Banda de Música de Arcade na Alameda de Castelao.
• 22:00 h. Concerto da Orquestra Los Players no Campo da Feira.
• 01:00 h. Concerto de Marc Seguí no Campo da Feira.
• 02:30 h. Sesión DJ con Rodri Vegas no Campo da Feira.
• Durante a noite: Elaboración das Alfombras Florais nas rúas de Vilavella.
Domingo 7 de xuño
• 10:00 h. Alborada coa Banda de Música de Chapela.
• 12:00 h. Desfile da Coca cos Mordomos e Diañiños co grupo O Carballo das Cen Pólas.
• 12:00 h. Misa na Igrexa de Vilavella.
• 13:00 h. Procesión en Vilavella, Danza das Espadas e das Penlas e Baile de homenaxe na Praza de Ribadavia.
• 18:00 h. Concerto da Banda de Música de Chapela na Alameda de Castelao.
• 19:00 h. Actividade familiar: Patina na Rúa na pista da Xunqueira.
• 21:30 h. Fin de festa coa Orquestra París de Noia no Campo da Feira.