• “Contos animados”: contacontos na Biblioteca Valle-Inclán de Redondela

    Biblioteca de Redondela P.º da Xunqueira, s/n, Redondela, Pontevedra

    Contacontos dentro da programación das bibliotecas municipais Abril dos libros. Expresión Producións nos traen un contacontos cheo de animais, libros, ilusión e fantasía. Rapazada a partir de 3 anos. Entrada libre ata encher a capacidade da sala infantil.

    De balde
  • Presentación do libro “Letras” de María Ruiz

    Biblioteca de Chapela Camiño do Piñeiral, 22, Chapela, Redondela, Pontevedra, España

    Nunha nova edición do ciclo Aquí sí hai quen escriba, a Biblioteca Xela Arias de Chapela comprácese en recibir o primeiro poemario da chapeleira María Ruiz. Co título "Letras", achéganos un poemario íntimo, honesto e, por veces, desgarrador. Poesía confesional e catártica na que a autora afronta e traspasa a dor para convidarnos a sandar […]

    De balde
  • “Na busca do tesouro”, Contacontos na Biblioteca Xela Arias de Chapela

    Biblioteca de Chapela Camiño do Piñeiral, 22, Chapela, Redondela, Pontevedra, España

    Contacontos dentro da programación das bibliotecas municipais: Abril dos libros. Expresión Producións nos traen un contacontos cheo de piratas, tesouros en mares revoltos. Rapazada a partir de 3 anos. Entrada libre ata encher a capacidade.    

    De balde
  • REDONDELA CON RITMO 2026 – 25 abril

    CSCR Cedeira Escalinata do Cruceiro, 88, Redondela, Pontevedra

    Noites de baile nas parroquias  O programa “REDONDELA con RITMO” da concellería de MAIORES chega esta semana ao CCSR de CABEIRO SÁBADO 25 ás 22.00 h baile e música en directo con MARCELA CANELA NON FALTES A alcaldesa, Digna Rivas, anima a toda a veciñanza a participar nestas sesións de baile para un envellecemento ACTIVO. Estas actividades, con […]

  • “7 sorrisos e un conto”. Actividades para crianzas na Biblioteca Xela Arias

    Biblioteca de Chapela Camiño do Piñeiral, 22, Chapela, Redondela, Pontevedra, España

    Proposta que nos achega o alumnado do Ciclo Superior de Educación Infantil do IES Chapela para traballar a dinamización cultural e mais os contidos lúdicos para cativos e cativas. Contacontos, búsqueda do tesouro, pintura en cristal, semente de flores, pintacaras… e moito máis nunha pequena gran festa coa que festexar a primavera e mais a […]

    De balde
  • Recuperar a historia de Chapela

    Multiusos do Piñeiral Piñeiral do Crego, Nº 22 Chapela, Redondela, Pontevedra, España

     AXÚDANOS A RECUPERAR A HISTORIA DE CHAPELA!Dende o Concello de Redondela queremos convidarvos a un acto moi especial para a nosa memoria colectiva. A Sociedade de Agricultores de Chapela, "La Progresiva", tivo a súa sede no que hoxe é o noso mercado, e agora queremos identificar as familias que formaron parte dela e recuperar o […]

  • “As amigas de Bu necesitamos axuda!”. Actividades para crianzas na Biblioteca Xela Arias

    Biblioteca de Chapela Camiño do Piñeiral, 22, Chapela, Redondela, Pontevedra, España

    Segunda proposta que nos achega o alumnado do Ciclo Superior de Educación Infantil do IES Chapela para traballar a dinamización cultural e mais os contidos lúdicos para cativos e cativas. Contacontos, xogos e actividades divertidas para as crianzas. - Para nenos e nenas a partir de 2 anos. - Entrada libre ata completar capacidade.

  • FESTAS DO CHOCO 2026

    Alameda de Castelao Unnamed Road, Redondela, Pontrevedra, España

    Xa arrecende a choco en Redondela! XXXIX Festa do Choco de Redondela, unha cita imprescindible para gozar da nosa gastronomía, tradición e cultura.Prepárate para saborear, compartir e vivir unha festa única! Aquí tedes toda a axenda para ver os horarios, concertos e actividades de turismo na Enseada de San Simón que preparamos do 8 ao 10 […]

  • Campionato Provincial Patinaxe Libre Categoría Nacional

    Pavillón Municipal A Marisma Av. Mendiño, 34, Redondela, Pontevedra, Spain

    REDONDELA ACOLLE UNHA GRAN CITA DA PATINAXE ARTÍSTICA! Este sábado, o noso Concello será a capital da patinaxe provincial. O Pavillón da Marisma acollerá o Campionato Provincial Libre Cat. Nacional, organizado polo C.P.A. BOLBORETA O espectáculo e a emoción están garantidos! Agardámosvos para vivir unha xornada de deporte en estado puro!

  • “Crea a túa historia como Begoña Caamaño”, obradoiro creativo para a rapazada

    Biblioteca de Chapela Camiño do Piñeiral, 22, Chapela, Redondela, Pontevedra, España

    Seguindo a vida e a obra da homenaxeada das Letras Galegas 2026, Begoña Caamaño, como fío condutor, a biblioteca ofrece esta actividade onde faremos a nosa pequena incursión na creación e edición dun “minilibro”. Da man de Noa L. Lorenzo, esta actividade está pensada para nenos e nenas a partir de 8 anos. Prazas limitadas. […]

    De balde