REDONDELA CON RITMO 2026 – 18 abril
REDONDELA CON RITMO Noites de baile nas parroquias
REDONDELA CON RITMO Noites de baile nas parroquias
Nunha nova edición do ciclo Aquí sí hai quen escriba, a Biblioteca Xela Arias de Chapela comprácese en recibir o primeiro poemario da chapeleira María Ruiz. Co título "Letras", achéganos un poemario íntimo, honesto e, por veces, desgarrador. Poesía confesional e catártica na que a autora afronta e traspasa a dor para convidarnos a sandar […]
Contacontos dentro da programación das bibliotecas municipais: Abril dos libros. Expresión Producións nos traen un contacontos cheo de piratas, tesouros en mares revoltos. Rapazada a partir de 3 anos. Entrada libre ata encher a capacidade.
Noites de baile nas parroquias O programa “REDONDELA con RITMO” da concellería de MAIORES chega esta semana ao CCSR de CABEIRO SÁBADO 25 ás 22.00 h baile e música en directo con MARCELA CANELA NON FALTES A alcaldesa, Digna Rivas, anima a toda a veciñanza a participar nestas sesións de baile para un envellecemento ACTIVO. Estas actividades, con […]
Proposta que nos achega o alumnado do Ciclo Superior de Educación Infantil do IES Chapela para traballar a dinamización cultural e mais os contidos lúdicos para cativos e cativas. Contacontos, búsqueda do tesouro, pintura en cristal, semente de flores, pintacaras… e moito máis nunha pequena gran festa coa que festexar a primavera e mais a […]
AXÚDANOS A RECUPERAR A HISTORIA DE CHAPELA!Dende o Concello de Redondela queremos convidarvos a un acto moi especial para a nosa memoria colectiva. A Sociedade de Agricultores de Chapela, "La Progresiva", tivo a súa sede no que hoxe é o noso mercado, e agora queremos identificar as familias que formaron parte dela e recuperar o […]
Segunda proposta que nos achega o alumnado do Ciclo Superior de Educación Infantil do IES Chapela para traballar a dinamización cultural e mais os contidos lúdicos para cativos e cativas. Contacontos, xogos e actividades divertidas para as crianzas. - Para nenos e nenas a partir de 2 anos. - Entrada libre ata completar capacidade.
Xa arrecende a choco en Redondela! XXXIX Festa do Choco de Redondela, unha cita imprescindible para gozar da nosa gastronomía, tradición e cultura.Prepárate para saborear, compartir e vivir unha festa única! Aquí tedes toda a axenda para ver os horarios, concertos e actividades de turismo na Enseada de San Simón que preparamos do 8 ao 10 […]
REDONDELA ACOLLE UNHA GRAN CITA DA PATINAXE ARTÍSTICA! Este sábado, o noso Concello será a capital da patinaxe provincial. O Pavillón da Marisma acollerá o Campionato Provincial Libre Cat. Nacional, organizado polo C.P.A. BOLBORETA O espectáculo e a emoción están garantidos! Agardámosvos para vivir unha xornada de deporte en estado puro!
O XXVII Festival Internacional de Títeres de Redondela. Memorial Juanjo Amoedo, celabrarase do 11 ao17 de maio e está impulsado polo compromiso e o amor polo teatro e, máis concretamente, pola dignificación do oficio de titiriteiro/a e a súa capacidade para integrar e transformar. Xente Titiriteira cre firmemente no poder transformador do Teatro, tanto do […]
Seguindo a vida e a obra da homenaxeada das Letras Galegas 2026, Begoña Caamaño, como fío condutor, a biblioteca ofrece esta actividade onde faremos a nosa pequena incursión na creación e edición dun “minilibro”. Da man de Noa L. Lorenzo, esta actividade está pensada para nenos e nenas a partir de 8 anos. Prazas limitadas. […]