Concello de Redondela

Bibliotecas

As Bibliotecas do Concello de Redondela son un servizo público básico que ten como finalidade ofrecerlle á cidadanía, en condicións de igualdade, gratuidade e continuidade, o acceso a un conxunto organizado de fondos bibliográficos e recursos informativos que posibilitan a información, a educación e a cultura.

Contacta Redondela

Contacta Chapela

As Bibliotecas Municipais de Redondela presentamos o novo Reto Lector 2026.

Unha proposta suxestiva, estimulante e lúdica de facer percorridos lectores ao longo do ano. Consta de 9 lecturas a completar, que se poderán desenvolver dende o luns 2 de febreiro e ata acabar 2026.

9 desafíos lectores que van desde ubicacións xeográficas, pasando por etnoloxía, xéneros literarios, paisaxes, contidos ou improntas emocionais. Un enredo no que gozaredes de ler libros diferentes, e para o que podedes contar, coma non, coas suxestións do persoal das vosas bibliotecas.

Podedes compartir a vosa participación nas Redes Sociais, co cancelo #RetoLector2026BibliotecasRedondela

 

  • REQUISITOS:

– Para lectores e lectoras ADULTOS (a partir dos 14 anos).

– Contaranse para o reto só os libros prestados nas Bibliotecas Municipais de Redondela.

– As persoas participantes levarán o seu PASAPORTE lector.

– Con cada devolución do libro prestado, selarase cada unha das casiñas do pasaporte. Podedes facelo tanto na Biblioteca de Redondela como na de Chapela.

– Podedes facer o reto seguindo orde que prefirades. Do que se trata é de completar as 9 propostas.

– O tempo para realizalo será desde o luns 2 de febreiro e ata o 31 de decembro.

  • SORTEO:

– As persoas que completen os 9 retos participarán nun sorteo dunha cesta de libros, que se celebrará nas primeiras semanas de 2027.
– Faranse dous sorteos, un para cada biblioteca:

  • Biblioteca Valle-Inclán de Redondela.
  • Biblioteca Xela Arias de Chapela.

– Para os premios, contaremos coa colaboración inestimable da Fundación Filomena Rivero Alonso.

  • RETO CLÁSICO:

Na vindeira semana tamén a Fundación Filomena Rivero Alonso achegaranos tamén un pequeno desafío de lectura de clásicos, ao que vos animamos a que vos sumedes. Moi pronto informaremos!

O 30 de xaneiro é unha data significativa para as bibliotecas de Galicia. Nese día celébrase o aniversario do nacemento de Daniel Alfonso Rodríguez Castelao e, por tal motivo, veu en ser recoñecido como o DÍA DA ILUSTRACIÓN dentro do Calendario do Libro e da Lectura de Galicia.

Unha data singular creada no ano 2014 para facer homenaxe a debuxantes, ilustradores, coloristas, e a todos os profesionais da ilustración, co obxectivo de destacar a súa labor e reivindicar o seu importante papel na industria cultural, como indica a Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI).

Este ano homenaxea á figura de SIRO.

🎨 Dende as nosas bibliotecas tamén queremos poñer o noso gran de area para festexar este día, e para iso realizaremos unha actividade moi chula para nenos e nenas

  • Xoves 29 de xaneiro, ás 18:00 h: obradoiro de ilustración para nenos e nenas, coa ilustradora Noa López.

– Para nenos e nenas de 6 a 12 anos.
– Precisa inscrición. Podedes facelo telefónicamente: 986-454-226 ou por correo electrónico: bibliotecachapela@redondela.gal.

 

Animádevos a pasar unha tarde sensacional na biblioteca.

Febreiro 2026
Feb 16
16 Febreiro 2026
Biblioteca de Chapela,
Camiño do Piñeiral, 22
Chapela, Redondela, Pontevedra 36320 España
De balde

Bibliotecas

Catálogo

O Catálogo das bibliotecas de Redondela está incluído no catálogo colectivo da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia (rbgalicia). Desde el pódese buscar calquera tipo de documento (libros, material gráfico, audiovisuais, gravacións sonoras etc.)/ etc.) tanto das bibliotecas de Redondela como de calquera outra biblioteca incorporada a esta Rede.

Novedades

As listas do catálogo da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia son seleccións de documentos dese catálogo, son unha forma de gardar unha colección de contidos sobre un tema concreto ou para un fin determinado. Como usuarios tamén podedes crear vosa propia lista.

A continuación deixámosche os ligazóns aos creados coas novidades das nosas biblioteca. Desta maneira, poderá acceder facilmente ás últimas incorporacións de documentos a noso/o seu fondo.

GALICIA LE é a plataforma de préstamo de libros, revistas, audiolibros e películas en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas que ten como obxectivo facilitar o acceso á cultura a todos os cidadáns.

GaliciaLe ofrece un servizo de préstamo temporal de obras en formato dixital sobre diversas temáticas no que os intereses de todos os lectores terán o seu espazo (ficción, informática, historia, lecer etc.)/ etc.) e todas as idades terán o seu lugar.

En GaliciaLe atoparás dous catálogos: un que contén o “Catálogo Gallego”  e outro que aloxa o “Catálogo Castellano”.

As obras incluídas nestas dúas contornas poderán lerse e visualizarse en dispositivos compatibles: tabletas, teléfonos móbiles e computadores persoais. No caso dos libros, tamén poderás facelo desde un lector de libros electrónicos.

Para acceder a GaliciaLe necesitas:

  • Ser usuario con tarxeta dunha das bibliotecas da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia. Se non a tes, podes acudir á biblioteca pública máis próxima que forme parte desta Rede e solicitar a túa tarxeta.
  • Dispoñer dun dispositivo compatible (tableta, computador persoal, lector de libros electrónicos, teléfono móbil etc.)/ etc.) e unha conta de correo electrónico.

Novo servizo GaliciaLe+: As persoas de fóra de Galicia poderán facer uso do préstamo dixital en galego a través desta plataforma, rexistrándose previamente neste enlace Rexístrate en GaliciaLe+

App da Rede de Bibliotecas de Galicia

Coa aplicación móbil da Rede de Bibliotecas de Galicia podes levar sempre contigo todo o catálogo galego da biblioteca dixital de préstamo, GaliciaLe. Para usarla solo necesitas tener el carné de cualquier biblioteca de la Red y entrar con tu usuario y contraseña. Podrás consultar el catálogo gallego de la biblioteca digital de préstamo, GaliciaLe, y tomar en préstamo libros, revistas y audiovisuales, visualizarlos en línea o descargarlos, de forma gratuita la cualquier hora del día y todos los días del año. También incorpora un acceso directo a la web de eBiblio y al catálogo de las bibliotecas físicas de la Red. De este modo, tu carné de la biblioteca está ahora en tu móvil. Con esta app, podrás acceder al préstamo o la cualquier otro servicio de tu biblioteca sin necesidad de llevar la tarjeta. La aplicación de la Red está disponible tanto para Android como iOS y puedes descargarla directamente en sus respectivas plataformas. Para hacerlo escanea el código QR correspondiente según el sistema operativo de tu dispositivo móvil o accede a través de los enlaces que encontrarás a continuación.

Servizos

Espazo Persoal

Para acceder á túa conta de usuario da Rede de Bibliotecas de Galicia:

  1. Ir á web: https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal
  2. O acceso é no cadro da dereita: «Inicia sesión na túa conta»

 

  • Usuario: o seu número de tarxeta da biblioteca.
  • Contrasinal: Se non ten unha, elixa «Esqueceu o seu contrasinal» e siga as instrucións.

 

Vostede será capaz de:

  • Renova os teus préstamos.
  • Reserva un documento que se toma prestado.
  • Realizar unha solicitude á biblioteca.
  • Etiquete as súas lecturas.
  • Consulta os teus préstamos.
  • Etc.

Pregunte: As bibliotecas responden

Servizo de información pública a través de Internet, que se ofrece de forma gratuíta e que ten como obxectivo satisfacer as necesidades e intereses informativos de todos os cidadáns.

Ofrecido por bibliotecas de diferentes Comunidades Autónomas e coordinado pola Dirección Xeral do Libro e Promoción da Lectura, do Ministerio de Cultura e Deporte, a través da Subdirección Xeral de Coordinación Bibliotecaria.

Xestionado de forma cooperativa por máis de 40 bibliotecas e atendido mediante un sistema de quendas para que, aínda que accedas a través da túa biblioteca habitual, a túa consulta poida ser respondida por calquera outra biblioteca participante no proxecto.

Permite aos usuarios consultar as bibliotecas participantes a través de dous métodos: correo electrónico (24 horas ao día, 365 días ao ano) e chat (días laborables en horario de atención ao usuario).

Punto de Investigación Redondela na Historia

Esta rede consta de tres puntos de acceso:

  • Arquivo documental e arquivo audiovisual do Concello de Redondela :
    Casa do Concello – r/ Alfonso XII, 2 – Redondela
    Teléfono: 986 400 300
    E-mail: arquivo@redondela.gal
  • Biblioteca Municipal de Valle-Inclán de Redondela .
  • Biblioteca Municipal Xela Arias de Chapela .

O acceso á hemeroteca Faro de Vigo realízase en liña, desde computadores habilitados nas propias instalacións do arquivo e nas bibliotecas municipais. O acceso é gratuíto, pero deberá solicitar a súa consulta nestes servizos, e deixar constancia dela nun formulario breve, para que o Concello poida avaliar o uso deste recurso.

A procura dentro desta base de datos permite, grazas ao OCR ( Recoñecemento Ópticos de Caracteres), filtrar todos os números do xornal informativo por termos específicos, pero tamén por datas.

O persoal das bibliotecas e máis do arquivo guiará e asesorará ás persoas interesadas á hora de navegar e mergullar pola historia desde o ano 1853 (nacemento do xornal) ata a actualidade.

Documentos : Os documentos administrativos xerados e recibidos polo Concello de Redondela desde 1848 ata a actualidade, ordenados e clasificados no Arquivo Municipal.

Fotografías : Fondos audiovisuais dixitalizados, cedidos polo barrio. Coleccións privadas de fotografías de paisaxes e xentes de Redondela. No Arquivo Municipal e no seu  blog.

Fondo bibliográfico local : Fondos en diferentes medios que tratan do noso municipio e a súa xente, obras de autores locais e obras impresas na localidade. Nas bibliotecas do Concello (Redondela e Chapela).

Con estas fontes de información ao dispor da cidadanía, o Concello de Redondela pretende completar a visión do noso Pobo de Redondela, indagar, investigar ou simplemente vincularnos e achegarnos desta maneira ao noso pasado.

Biblioterapia

La biblioterapia consiste en el uso de la lectura con un fin terapéutico (libros de autoayuda) o de desarrollo (novelas). Se utiliza principalmente para apoyar el tratamiento de trastornos mentales y problemas emocionales y para promover la salud mental. Biblioterapia en nuestras bibliotecas:

O Proxecto:

Está impulsado pola Axencia para o Coñecemento en Saúde e a Consellería de Saúde da Xunta de Galicia, coa colaboración da Rede Galega de Bibliotecas, colexios profesionais e sociedades científicas, asociacións de pacientes e expertos en saúde e literatura e a colaboración e financiamento de Lundbeck.

De interese...

LITERATURA NAS ONDAS

Compartir