Concello de Redondela

Ensino

A área de Ensino do Concello de Redondela encárgase de supervisar o funcionamento e mantemento dos centros públicos do Concello de Redondela. Somos un organismo intermediario con outros órganos públicos como a Xunta de Galicia.

Realízanse programas e actividades para mellorar certos aspectos da infancia e lánzanse concursos para potenciar o inclusionismo social e dos distintos grupos, nenos, profesores e pais.

Contacta

– A Alameda Castelao acolle a IV edición do certame “Espallar Tinta”, no que participan preto de 700 escolares de Infantil de Primaria dunha ducia de colexios. “A volta ao mundo”, a literatura de Jules Verne ou a poesía de Rosalía de Castro foron algúns dos temas que amosaron ao público.
– A alcaldesa, Digna Rivas, agradeceu a todos os centros a súa participación nesta feira na que o propio alumnado dá a coñecer as súas producións escritas en lingua galega. Para a alcaldesa é moi importante “facilitar espazos ao aire libre e abertos ao público onde os nenos e nenas poidan expresarse e amosar o seu traballo”. A rapazada puido gozar tamén do espectáculo do Show de Fifo.

“Espallar Tinta” chega á súa IV edición co obxectivo cumprido: “promover a dinamización da escritura e a literatura en galego na infancia”. Preto de 700 nenos e nenas dos diferentes centros de Educación Primaria e Infantil de Redondela danse cita na Alameda Castelao durante dous días para participar nesta fermosa iniciativa. Onte participou o alumnado dos colexios de Cedeira, Ventosela, Alexandre Bóveda, EEI Marisma, Quintela e Colexio Vigo. Como novidade, nesta edición participou como convidado o CEIP Doutor Suárez, de Fornelos de Montes. Hoxe estarán os centros Igrexa-Chapela, Santa Mariña, Outeiro das Penas, San Pedro de Cesantes, Reboreda, e repiten Cedeira e Alexandre Bóveda. Como cada ano os colexios presentan orixinais traballos. Puidemos coñecer diferentes países coa “Volta ao mundo en 80 días”, e outras novelas de Jules Verne, así como poesía de Rosalía de Castro, entre outras propostas. Como en edicións anteriores tamén participaron as Bibliotecas Municipais de Redondela e Chapela.

A alcaldesa, Digna Rivas, explica que “Espallar Tinta” é unha feira na que o propio alumnado dá a coñecer as súas producións escritas. Nestas dúas xornadas a infancia é a protagonista. Para a alcaldesa é moi importante “facilitar espazos ao aire libre e abertos ao público onde os nenos e nenas poidan expresarse con seguridade e amosar o seu traballo”. O concelleiro de Ensino, Alberto Álvarez, salientou tamén a importancia de actividades como esta “para favorecer a convivencia entre o alumnado e profesorado dos diferentes centros, e poder compartir proxectos e experiencias”. E para facer deste “Espallar Tinta” unha festa completa, a rapazada puido gozar do espectáculo “O Show de Fifo”, de Troula Animación, con maxia, xogos e moito humor. Todos os participantes recibiron tamén por parte do Concello un fermoso caderno serigrafiado coa mascota do evento.

“Espallar Tinta” é unha actividade financiada polo Concello de Redondela que partiu da iniciativa do CEIP Cedeira. A alcaldesa agradeceu o gran traballo deste centro, da súa ANPA, e da profesora Jessica Rodriguez Piñeiro “na organización dun evento desta magnitude”.

   

A educadora Lucía Pereda, a concelleira Iria Vilaboa, a alcaldesa Digna Rivas e o vicedirector  Eduardo González, co alumnado do ciclo.

– A concellería de Igualdade do Concello de Redondela ofrece unha formación dedicada á igualdade de oportunidades para futuros e futuras profesionais que cursan ciclos de FP. Impártese nos institutos públicos redondeláns que contan con ciclos de FP e os participantes recibiren un diploma acreditativo con total validez académica e puntuable en calquera oposición.
– O obxectivo desta formación é sensibilizar a homes e mulleres “na perspectiva de xénero e o valor da igualdade como eixo para o desenvolvemento social”, explica a alcaldesa, Digna Rivas. Desde o goberno local trabállase “para promover a igualdade de oportunidades” polo que ofrecemos esta formación ao alumnado dos institutos de forma directa.

A alcaldesa, Digna Rivas, e a concelleira de Igualdade, Iria Vilaboa, visitaron este mediodía o IES Pedro Floriani, onde alumnado do Ciclo de Electricidade e Electrónica está a participar no curso de Igualdade que promove o Concello. Acompañounas na visita o vicedirector do centro, Eduardo González, xunto coa educadora redondelá Lucía Pereda Pérez que é a encargada de impartir as clases.

Unha vez completada a formación o alumnado recibirá un diploma acreditativo con total validez académica e puntuable en calquera oposición. A alcaldesa Digna Rivas quixo resaltar a importancia deste curso porque “ter formación en igualdade é imprescindible para o futuro laboral na actualidade”. Con todo, para a rexedora o máis importante é educar aos mozos e mozas “na perspectiva de xénero e no valor da igualdade para crear unha sociedade máis xusta e solidaria”.

A concelleira Iria Vilaboa sinala que con este curso “promovemos que profesionais de distintos ámbitos incorporen a perspectiva de xénero nas súas actividades laborais” para conseguir eliminar “a brecha de xénero real”.

Entrega de premios da primeira edición do concurso “Redondela Investigada”

– A cita é este venres na Casa da Cultura ás 20:30 horas. O proxecto naceu co obxectivo de fomentar “a curiosidade investigadora entre a mocidade, o espírito investigador e crítico”. Na presentación da revista agasallarase cun exemplar a cada asistente.
– A publicación inclúe seis artigos realizados por alumnado dos institutos públicos. Os temas dos artigos son a historia da SAR, o Taekondo redondelán, o Club de Remo de Cesantes, a tradición das Penlas, a historia de La Imprenta e a vida das avoas.

Sinerxías Secundarias, colectivo formado polas seccións de Xeografía e Historia dos institutos públicos de Redondela, presenta o número cero da revista “Redondela Investigada”. A publicación, realizada en colaboración co Concello, darase a coñecer este venres, 13 de marzo, na Casa da Cultura ás 20:30 horas. No acto participarán tanto o alumnado como o profesorado coordinador, xunto coa alcaldesa, Digna Rivas. Esta publicación recolle os traballos premiados e destacados da primeira edición do certame de investigación de Ciencias Sociais para alumnado de secundaria.

O proxecto, que reúne aos centros IES Chapela, Illa de San Simón, Mendiño e Pedro Floriani, nace co obxectivo de “fomentar a curiosidade investigadora entre a mocidade, o espírito investigador e crítico”. Tal como explica o editorial deste primeiro volume “é unha revista en papel que reforza a idea do libro como elemento físico, máis tamén, simbólico”. A coidada edición permite facer xustiza “á calidade dos traballos publicados e á importancia da investigación sobre o noso”.

A revista inclúe seis artigos cun percorrido por diversos temas de interese local. A investigación gañadora repasa a historia da SAR (Sociedade Atlética de Redondela) e tamén hai artigos sobre o Taekondo redondelán e o Club de Remo de Cesantes. Un cuarto texto recolle a tradición das Penlas e outro a historia da librería da Imprenta e un último artigo que ofrece unha ollada interxeracional da vida das avoas dos autores. Na presentación deste venres haberá exemplares da revista para todos os asistentes.

A alcaldesa, Digna Rivas, salienta a importancia de que a mocidade se interese polo noso pasado “mergullándose no Arquivo Municipal, nas lembranzas das súas familias e na historia viva das nosas parroquias”. Con estes premios e a publicación da revista “non só recoñecemos o esforzo académico, senón que estamos a fomentar o arraigo e o respecto polas nosas raíces entre a nosa rapazada”.

O Concello de Redondela e os institutos asinaron un acordo de colaboración para este certame. No texto, a alcaldesa, Digna Rivas, e as direccións dos centros acordan que o Concello impulsa a celebración do Certame “Redondela Investigada” para “promover o estudo e coñecemento sobre o conxunto do municipio e fomentar o espírito investigador e científico da xuventude de Redondela”. O Concello financia os premios do certame e tamén a publicación da revista “Redondela investigada” cos traballos seleccionados.

Alumnado dos institutos investigou a historia de Redondela nos documentos do Arquivo Municipal do Concello.

There is no Event

Enseñanza

Cidades Amigas da Infancia

Información de interese

Concédense subvencións como:

  • Axuda de material escolar para nenos de 3 a 6 anos.
  • Axuda de comedor
  • Actividades extraescolares para ANPAS
  • Programas de autoxestión para os centros.

Compartir