Concello de Redondela

Igualdade

A área da Muller e Igualdade do Concello de Redondela ten como principal obxectivo a consecución da igualdade real entre mulleres e homes de Redondela a través do desenvolvemento de actividades e servizos específicos dirixidos a toda a poboación, xa que o Departamento traballa co convencemento de que as políticas de igualdade non son excluíntes, competen a mulleres e homes.

Contacta Redondela

Contacta Chapela

A educadora Lucía Pereda, a concelleira Iria Vilaboa, a alcaldesa Digna Rivas e o vicedirector  Eduardo González, co alumnado do ciclo.

– A concellería de Igualdade do Concello de Redondela ofrece unha formación dedicada á igualdade de oportunidades para futuros e futuras profesionais que cursan ciclos de FP. Impártese nos institutos públicos redondeláns que contan con ciclos de FP e os participantes recibiren un diploma acreditativo con total validez académica e puntuable en calquera oposición.
– O obxectivo desta formación é sensibilizar a homes e mulleres “na perspectiva de xénero e o valor da igualdade como eixo para o desenvolvemento social”, explica a alcaldesa, Digna Rivas. Desde o goberno local trabállase “para promover a igualdade de oportunidades” polo que ofrecemos esta formación ao alumnado dos institutos de forma directa.

A alcaldesa, Digna Rivas, e a concelleira de Igualdade, Iria Vilaboa, visitaron este mediodía o IES Pedro Floriani, onde alumnado do Ciclo de Electricidade e Electrónica está a participar no curso de Igualdade que promove o Concello. Acompañounas na visita o vicedirector do centro, Eduardo González, xunto coa educadora redondelá Lucía Pereda Pérez que é a encargada de impartir as clases.

Unha vez completada a formación o alumnado recibirá un diploma acreditativo con total validez académica e puntuable en calquera oposición. A alcaldesa Digna Rivas quixo resaltar a importancia deste curso porque “ter formación en igualdade é imprescindible para o futuro laboral na actualidade”. Con todo, para a rexedora o máis importante é educar aos mozos e mozas “na perspectiva de xénero e no valor da igualdade para crear unha sociedade máis xusta e solidaria”.

A concelleira Iria Vilaboa sinala que con este curso “promovemos que profesionais de distintos ámbitos incorporen a perspectiva de xénero nas súas actividades laborais” para conseguir eliminar “a brecha de xénero real”.

– Centros de Día, asociacións Andaina e Lenda, e centros de ensino participaron este mediodía no acto institucional co gallo da conmemoración do 8M baixo o lema “Palabra de Muller”. A actriz Olga Cuervo foi a encargada de ler o manifesto do Concello de Redondela que reivindica o feminismo como “motor social”.
– A alcaldesa, Digna Rivas, comprometeuse a que Redondela siga a ser un espazo onde a voz das mulleres se escoite “alta e clara, sen intermediarios e sen medos” e lembrou as palabras de Rosalía de Castro “que tivo a coraxe de defender a igualdade e a liberdade das mulleres nun mundo que nos quería mudas e submisas”.

O auditorio da Xunqueira acolleu onte o acto institucional co gallo do 8M. O lema da campaña “Palabra de Muller” quere reivindicar algo básico pero que en demasiadas ocasións foi “silenciado ou cuestionado, a nosa voz”, lembra a alcaldesa, Digna Rivas. No acto participaron diferentes entidades e colectivos. Nesta ocasión os colexio Santa Mariña e Igrexa, o IES Mendiño, os Centros de Día, e as asociacións Andaina e Lenda. A actriz Olga Cuervo foi a encargada de ler o manifesto institucional do Concello de Redondela. Nel deféndese a igualdade real como piar da democracia e esixe políticas transversais para erradicar a violencia machista. Reivindica o feminismo “como motor social” e establece compromisos concretos: impulsar a corresponsabilidade, educar en valores desde a infancia, visibilizar o talento feminino local e garantir recursos públicos para eliminar a desigualdade estrutural. A concelleira de Igualdade, Iria Vilaboa, explicou que desde o Concello búscase a implicación de toda a sociedade nestes actos. Este ano as palabras de todos os participantes simbolizarán “a diversidade, a loita e os avances cara a igualdade” nunha exposición que se inaugurará mañá martes no Multiúsos da Xunqueira.

A alcaldesa pechou o acto lembrando que coa “Palabra de Muller” Redondela reivindica o valor da palabra “das nosas avoas e nais, do seu traballo na casa, no campo, no mar, ou en fábricas como Regojo, e falamos das nosas fillas, para que poidan estar en pé de igualdade nas universidade, nas empresas, ou onde elas decidan”. Lembrou que “en todo o mundo hai mulleres que sofren violencia, precariedade e guerras” e desde Redondela “expresamos a nosa solidariedade con todas elas”. Como alcaldesa, comprometeuse a que Redondela siga a ser un espazo onde a voz das mulleres se escoite “alta e clara, sen intermediarios e sen medos”. E rematou con verbas de Rosalía de Castro, referente do feminismo en Galicia “que tivo a coraxe de defender a igualdade e a liberdade das mulleres nun mundo que nos quería mudas e submisas”.

Arriba todas, rapaciñas do lugar!

que o sol e a aurora xa vos vén a espertar.

Arriba!

                  

PRÓXIMAS ACTIVIDADES DA PROGRAMACIÓN DO 8M 2026

– Martes 10, 12.00 horas, inauguración da exposición “Palabra de Muller” no Multiúsos da Xunqueira, coas mensaxes creadas por centros de ensino, centros de día, colectivos e asociacións redondelás. O obxectivo é dar voz ás mulleres e ás súas experiencias, convertendo as palabra nun símbolo colectivo que visibilice a diversidade, a loita e os avances cara á igualdade.

– Venres 13, 19.30 horas. VI Xornadas Gemma Pereira Otero na Oficina de Turismo “Mulleres Invisibilizadas”, coas intervencións de Pilar Martínez (Médica pediatra e fundadora da ONG Da Man), Mª José Rodríguez (Xefa da Unidade de Violencia Contra a Muller da Subdelegación do Goberno en Pontevedra), Enma Torres (decana da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da Universidade de Vigo), e Almudena Suárez (Profesora no IES Mendiño e primeira muller segrar autorizada pola Diocese de Tui-Vigo para dirixir a Celebración da Palabra).

– Venres 20 de marzo 18.30 horas, Contacontos “Elas tamén contan”, con Olga Cuervo. Multiúsos Piñeiral de Chapela. Para público infantil.

O Concello de Redondela convida a toda a veciñanza a participar nestes actos, todos con entrada de balde. Para máis información, as persoas interesadas poden contactar a través do correo igualdade@redondela.gal.

Iria Vilaboa, Rita Pérez, Almudena Suárez (de pé); Arantxa Treus, Digna Rivas, Pilar Martínez, Olga Cuervo (sentadas)

– A programación inclúe xornadas de debate, monólogos, conferencias e contacontos para visibilizar o papel das mulleres en todos os ámbitos sociais. As actividades contarán coa participación de figuras como as actrices Arantxa Treus, Jazmín Abuín e Olga Cuervo ou as xornalistas Carolina Sertal, Paula Montes e Claudia Morán.
– A alcaldesa, Digna Rivas, destacou que “este ano queremos poñer o foco na palabra como ferramenta de transformación e empoderamento”. O Multiúsos da Xunqueira acollerá unha mostra colectiva dos centros de ensino, centros de día e asociacións redondelás sobre o que significa “ser muller hoxe”. As súas “palabras” serán un símbolo para visibilizar “a diversidade, a loita e os avances cara á igualdade”, sinala Iria Vilaboa.

O Concello de Redondela reafirma o seu compromiso coa igualdade real coa presentación da programación institucional para conmemorar o 8 de Marzo, Día Internacional da Muller. Baixo o lema “Palabra de Muller”, a Concellería de Igualdade deseñou unha axenda transversal que busca dar voz e visibilidade ás mulleres nas letras, a ciencia, o activismo e as artes.

No acto de presentación participaron a alcaldesa, Digna Rivas, acompañada pola concelleira de Igualdade, Iria Vilaboa, e a concelleira de Cultura, Rita Pérez. Tamén estiveron presentes algunhas das protagonistas desta edición: a actriz Arantxa Treus, a docente Almudena Suárez, a pediatra Pilar Martínez e a contacontos Olga Cuervo. A alcaldesa destacou que “este ano queremos poñer o foco na palabra como ferramenta de transformación e empoderamento”, mentres que a concelleira Iria Vilaboa subliñou a importancia das VI Xornadas Gemma Pereira Otero, que serán o eixo central de debate os venres 6 e 13 de marzo.

O programa arranca o xoves 5 de marzo na Biblioteca Xela Arias de Chapela cunha conferencia sobre Rosalía de Castro e o feminismo a cargo de Anxo Angueira, doutor en Filoloxía Galega e presidente da Fundación Rosalía.

As VI Xornadas Gemma Pereira Otero (Oficina de Turismo, 19:30 h) dividiránse en dúas mesas redondas: o 6 de marzo: “Mulleres de Letras”, coas xornalistas Carolina Sertal (Faro de Vigo), Antía Paz (Cadena SER e Tele Vigo) e Claudia Morán (Nós Diario, gañadora do V Premio Sesé Mateo); o 13 de marzo o faladoiro levará por título: “Mulleres Invisibilizadas”, coas intervencións de Pilar Martínez (Médica pediatra e fundadora da ONG Da Man), Mª José Rodríguez (Xefa da Unidade de Violencia Contra a Muller da Subdelegación do Goberno en Pontevedra), Enma Torres (decana da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da Universidade de Vigo), e Almudena Suárez (Profesora no IES Mendiño e primeira muller segrar autorizada pola Diocese de Tui-Vigo para dirixir a Celebración da Palabra).

O lecer e a reivindicación daranse a man o domingo 8 de marzo no Multiúsos da Xunqueira co monólogo “Meigags”, protagonizado por Arantxa Treus e Jazmín Abuín.

O luns 9 de marzo, terá lugar o acto institucional na Praza do Concello, onde a actriz redondelá Olga Cuervo será a encargada de ler a Declaración Institucional.

A programación complétase coa inauguración da exposición “Palabra de Muller” o 10 de marzo, coas mensaxes creadas por centros de ensino, centros de día, colectivos e asociacións redondelás. Trátase de “involucrar a todos e todas neste Día Internacional da Muller”, como explica Iria Vilaboa, “por iso abrimos a mostra colectiva a toda a sociedade, para que escriban a palabra que represente o que significa ser muller hoxe”. O obxectivo é dar voz ás mulleres e ás súas experiencias, “convertendo esa palabra nun símbolo colectivo que visibilice a diversidade, a loita e os avances cara á igualdade”.

A programación inclúe actividades dirixidas ao público infantil co contacontos “Elas tamén contan”, que levará a Olga Cuervo ata Chapela o venres 20 de marzo.

O Concello de Redondela convida a toda a veciñanza a participar nestes actos, todos con entrada de balde. Para máis información, as persoas interesadas poden contactar a través do correo igualdade@redondela.gal.

Marzo 2026
Mar 12
12 Marzo 2026
Multiusos da Xunqueira,
Paseo da Xunqueira, s/n
Redondela, Pontevedra 36800 España
Mar 20
20 Marzo 2026
Multiusos do Piñeiral,
Piñeiral do Crego, Nº 22 Chapela
Redondela, Pontevedra 36320 España

Mujer e Igualdad

SERVIZOS E RECURSOS

Grupo de Autoestima:

Obxectivo Crear unha rede de apoio e constituír un grupo de axuda.

Información: Centro de información ás mulleres (CIM).

OPERACIÓN CO-FINANCIADO POLA UNIÓN EUROPEA
Programa Operativo Fondo Social Europeo Galicia 2014-2020
Promover la igualdad, la salud y la inclusión social
O FSE Inviste no teu futuro

UE

Programa Municipal de conciliación:

Obxectivo: Promover a conciliación familiar e laboral das familias do concello de Redondela.

Poboación destinataria familias con menores con idades comprendidas entre os 3 e 12 anos.

Información: Centro de información á muller (CIM).

Financiado pola Secretaría Xeral de Igualdade do Departamento de Promoción do Emprego e Igualdade e o Ministerio de Igualdade, segundo o Plan solidariamente Responsables para o ano 2023:

CIM

O Centro de Información ás Mulleres (CIM) do Concello de Redondela creouse no ano 2005, a partir do Decreto 182/2004, do 22 de xullo, da Consellaría de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado

É o departamento encargado de proporcionar asesoramento xurídico, atención psicolóxica, orientación profesional, información en materia de recursos e calquera outra información encamiñada á consecución da igualdade das mulleres que de forma individualizada ou en grupo o demanden.

O desempeño das funcións propias do CIM está inspirado polos seguintes principios:

  1. O anonimato na identidade das usuarias, salvo decisión en contrario destas.
  2. O respecto á vontade das usuarias na busca das posibles solucións e alternativas ás consultas expostas.
  3. A gratuidade de todos os servizos que se prestasen, e todo iso atendendo á vocación de servizo público.
  4. O respecto ao principio de confidencialidade por parte do persoal do Centro de Información ás Mulleres do Concello de Redondela, que garantirá a privacidade das comunicacións, salvo vontade en contra das usuarias

O CIM desenvolverá as funcións que a continuación se relacionan:

  • Información e asesoramento xurídico.
  • Atención psicológica.
  • Información sobre os recursos dispoñibles no seu ámbito territorial.
  • Difusión e sensibilización cidadá arredor da vixencia e aplicación do principio de igualdade entre mulleres e homes.
  • Funcionamento como canle de comunicación entre as usuarias e os distintos organismos que tiveran competencias en materia de muller
  • Información sobre cursos, estudos e xornadas en materia de igualdade de oportunidades e, en especial, difundindo as actividades e servizos desenvolvidos polo Concello de Redondela e o Servizo Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller.
  • Realización de conferencias, encontros, xornadas, cursos sobre temas de especial incidencia na consecución do principio de igualdade.
  • Atención específica a mulleres vítimas de violencia de xénero, poñendo á súa disposición, facilitando ou informando sobre o acceso aos recursos existentes na comunidade autónoma e no concello a través da xestión urxente cos servizos policiais, sanitarios, psicolóxicos, xudiciais e sociais que fosen oportunos
  • Recepción de denuncias e queixas en materia de discriminación por razón de sexo no ámbito da publicidade e os medios de comunicación e traslado destas ao órgano competente
  • Fomento do asociacionismo e da participación das mulleres na sociedade civil.
  • Calquera outra actividade que se axeite ao obxectivo prioritario da consecución da igualdade

Informa, orienta e asesora en materia de igualdade e da planificación de actuacións que favorezan a participación das mulleres en todos os ámbitos da sociedade a través da atención ao público do CIM, da recepción das mulleres e derivación á psicóloga e á avogada ou calquera outro servizo municipal, da intervención en igualdade, da información en xeral, da xestión de actividades e da tramitación de subvencións

  • Servizo psicolóxico.
  • Atención e traballo coa persoa usuaria, ofrecéndolle información, intervención e apoio psicolóxico, ademais de dotala de recursos que lle permitan afrontar os conflitos da vida.
  • Servizo xurídico.
  • Axuda ás mulleres nas súas dúbidas sobre dereito de familia, civil, laboral, administrativo e penal.
  • Servizo permanente de atención e orientación ás mulleres.

O Centro de Información ás Mulleres ten un horario de atención presencial ao público de luns a venres de 08.00 a 14.30 horas e atención telefónica de luns a venres de 08.00 a 14.30 horas.

Servizo de atención psicolóxica: De luns a venres en horario de 08.00 a 14.30 horas.

Servizo de asesoramiento xurídico: Martes e venres de 08.00 a 14.30 horas e xoves de 8:00 a 14:00 horas

Servizo de asesoramiento en igualdade e atención ao público: De luns a venres de 08.00 a 14.30 horas

Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero:

1. Punto Violeta Entroido de verán 2023.

2. Actuación de sensibilización e prevención da violencia de xénero.

3. Roteiro As Mulleres da Vila.

4. Espectáculo Marcho que teño que marchar.

5. Espectáculo Sen medo.

6. Charla Falemos de sexo: adolescencia e pornografía..

7. Formación para a prevención, detección e acompañamento nas violencias sexuais nos locais de lecer nocturno.

8. Punto Violeta Festa Pre fin de ano 2023.

9. Obradoiro Falemos de sexo..

10. Roteiro Mulleres de Redondela e Chapela..

11. Formación en igualdade para persoal electo do Concello de Redondela.

12. Formación en igualdade para alumnado de Formación Profesional.

13. Punto Violeta Festa do Choco 2024.

14. Punto Violeta Festa da Coca 2024.

15. Campaña E ti, por que loitas?

16. Charla Concienciando en TIC’s Seguras..

17. Atención policial ás vítimas de violencia de xénero.

  1. Punto Violeta Entroido de verán 2022.
  2. Punto Violeta Fiesta pre fin de ano 2022.
  3. Espectáculo Tabú.
  4. Punto Violeta Entroido 2023.
  5. Obradoiro de autocoidados das mulleres, risoterapia e musicoterapia.
  6. Obradoiro Xeración Violeta.
  7. Material Punto Violeta.
  8. Libretiñas.
  9. Obradoiro Obradoiro Prevención dos Trastornos de Conduta Alimentaria dende unha perspectiva de xénero.
  10. Punto Violeta Festa do Choco 2023.
  11. Punto Violeta Festa da Coca por 2023.
  12. Mural contra a violencia machista
  13. Atención policial ás vítimas de violencia de xénero.
  1. Programa “Mulleres en rede”.
  2. Punto Violeta Festa da Coca.
  3. Atención policial ás vítimas da violencia de xénero.
  1. Atención policial ás vítimas da violencia de xénero.
  1. Atención policial ás vítimas da violencia de xénero.
  1. Punto de lilás entroido de verán.
  2. Conmemoración do 25 de novembro (Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres)
  3. Protocolo para a prevención do acoso laboral, sexual e por razón de sexo do Concello de Redondela.
  4. Campaña Prevención da violencia na mocidade no uso das redes sociais.
  5. Atención policial ás vítimas da violencia de xénero.

Actuacións con cargo aos créditos recibidos do Ministerio de Igualdad, Secretaría de Estado de Igualdad y contra la Violencia de Género.

logopactoestadocolor

Plan Corresponsables

Actuacións financiadas para o ano 2022:

  1. Programa “Quédome con Simona”.
  2. Plan de sensibilización e formación en corresponsabilidade.

 

Financiadas pola Secretaría Xeral da Igualdade e polo Ministerio de Igualdad ao abeiro do Plan Corresponsables para o ano 2022.

Compartir