Concello de Redondela

Xuventude

A Oficina Municipal de Información Xuvenil é un servizo posto a túa disposición pola Concellería de Xuventude do teu Concello onde podes atopar toda a información que a miúdo necesitas e que non sabes ónde buscar.

  • Ensino : Bacharelato, Ciclos Formativos, Universidade, ensino non formal.
  • Becas, Cursos, Jornadas, …
  • Oferta de empleo público y privado, autoempleo, …
  • Subvencións pola compra de vivenda, alugueiro…
  • Formación no estranxeiro.
  • Campamentos, Campos de Trabajo, Voluntariado, …
  • Ocio, Tiempo Libre, Viajes …
  • Sexualidade, prevención de Riscos.
  • Saúde, drogas, alcohol, hábitos alimenticios.

As túas dubidas terán unha resposta.

Contacta

– O Goberno local presenta un proxecto de reforma integral para os barrios de Porto Cabeiro e A Millarada que recupera case 3.000 m² para as persoas. As obras están valoradas en 401.700 euros e serán financiadas con fondos propios do Concello, previa aprobación no pleno da Corporación.
– A alcaldesa, Digna Rivas, explica que a actuación eliminará o perigo do tráfico pesado e creará un “camiño escolar seguro con plataforma única, zonas verdes e mobiliario urbano”. O obxectivo é “transformar un espazo actualmente dominado polos vehículos nun entorno saudable, inclusivo e, sobre todo, seguro para a infancia”.

O Concello de Redondela avanza na súa estratexia de recuperación de espazos públicos para a cidadanía. O proxecto de creación dunha área de convivencia no entorno do CEIP de Porto Cabeiro gaña un espazo de case 3.000 m² para os peóns. A intervención, que conta cun orzamento base de licitación de 401.700 euros, transformará radicalmente a Estrada de Porto Cabeiro e o Camiño do Campiño para priorizar a seguridade dos escolares e o benestar da veciñanza. Digna Rivas explica que o obxectivo prioritario é “transformar un espazo actualmente dominado polos vehículos nun hábitat saudable, inclusivo e, sobre todo, seguro para a infancia”. A alcaldesa destacou que a situación actual é “insostible” para a comunidade educativa. Con beirarrúas de apenas un metro de ancho e un tráfico constante de vehículos pesados que acceden ás naves lindeiras, o acceso ao colexio supón un risco diario. “Queremos que Porto Cabeiro e A Millarada teñan por fin un espazo de referencia, unha zona amable onde a veciñanza poida pasear e os nenos e nenas gañen autonomía”.

Un deseño para as persoas

O proxecto, que abrangue unha superficie de 2.835 m², contempla a transformación radical do viario mediante dúas solucións técnicas: por unha banda unha plataforma única na Estrada de Porto Cabeiro cun espazo amplo e seguro arredor do CEIP, o Parque Infantil Luis Seoane e a parcela dotacional municipal, con novo mobiliario urbano e arborado; por outro lado o calmado de tráfico no Camiño do Campiño, cunha plataforma elevada onde a velocidade se limitará a 10 km/h, garantindo unha senda peonil de 2,5 metros de ancho.

Sostibilidade e Seguridade Viaria

Esta actuación aliñase cos obxectivos do Plan de Mobilidade Urbana Sostible (PMUS) de Redondela e os principios da Rede Ágora da Deputación de Pontevedra. Ademais de mellorar a seguridade, o proxecto loita contra o cambio climático ao reducir as emisións e o ruído, mellora o drenaxe de augas e aposta por unha iluminación eficiente. Con esta obra, Redondela non só mellora as infraestruturas de Cabeiro e Vilar de Infesta, senón que pon os cimentos para implementar os Camiños Escolares Seguros, fomentando hábitos de vida saudables dende a escola. Desde o goberno local explican que esta actuación será financiada con fondos propios do Concello, a través do remanente, para o que se levará ao pleno ordinario deste mes de febreiro o próximo xoves día 26.

Mellora da seguridade viaria desde a N-555 ata o camiño do Campiño

Este proxecto da contorna do CEIP Porto Cabeiro completa a mellora da seguridade viaria que xa está aprobada desde a N-555 ata o camiño do Campiño. Esta renovación integral da estrada permitirá incluír un paso peonil seguro para facilitar o acceso ao colexio con beirarrúas nunha das marxes da vía. Tamén se incluirán elementos vexetais ao longo do trazado. Os traballos licitaranse por un importe superior aos 530.000 euros dentro do plan +Provincia financiado pola Deputación de Pontevedra.

– A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, e a concelleira de Igualdade, Iria Vilaboa, estiveron coa rapazada do IES Mendiñoque para presentar a charla da educadora social e axente de Igualdade Lucía Pereda. O obxectivo é formar ao alumnado en educación afectivo-sexual e advertir dos roles e estereotipos erróneos da pornografía.
– “Preocúpanos o consumo de pornografía en idades cada vez máis temperás, e por iso desde o Concello promovemos estas actividades de sensibilización”, sinala a alcaldesa. As charlas realízanse ao longo de todo o curso nos institutos e colexios do municipio e tamén abordan temas como trastornos da conduta alimentaria, que aumentan na infancia e adolescencia.

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, e a concelleira de Igualdade, Iria Vilaboa, estiveron onte no IES Mendiño co alumnado que asistiu ao obradoiro impartido pola educadora e técnica en Igualdade Lucía Pereda. Esta charla “Falemos de sexo” forma parte dun amplo programa de información e sensibilización que realiza desde hai anos a concellería de Igualdade. As actividades, con diferentes formatos, están dirixidas a alumnado de Primaria, Secundaria e Bacharelato, con contidos adaptados ás idades de cada grupo.

Os estudos revelan que o consumo de pornografía comeza cada vez a idades máis temperás na infancia e na adolescencia. “Son datos que nos preocupan e, malia non ser unha competencia municipal, realizamos desde hai anos estes obradoiros”, explica a alcaldesa. O obxectivo é ofrecer aos rapaces e rapazas “información veraz e unha educación afectivo-sexual adaptada a cada grupo de idade”.

Por experiencia de anos anteriores, a maioría do alumnado considera a pornografía “unha industria coma outra calquera” e que a explotación de mulleres “é unha forma lícita de gañar cartos”. A metade da rapazada pensa tamén que a pornografía é tan só “entretemento” e 3 de cada 10 considérano “unha ferramenta adecuada para explorar a sexualidade tanto propia como da parella”. Os datos fan necesario “seguir traballando co alumnado nas aulas desde unha perspectiva de xénero”, apunta a concelleira Iria Vilaboa.

Nos obradoiros relízanse charlas tamén charlas para o alumnado de Bacharelato sobre plataformas dixitais que promoven “un falso empoderamento da muller e fomentan a violencia sexual”. No caso das actividades en Primaria céntranse sobre todo nos trastornos da conduta alimentaria, cada vez máis frecuentes na infancia e adolescencia “pola presión que exerce a publicidade e as redes sociais na imaxe da rapazada”.

– O Concello de Redondela prepara para o 31 de outubro un amplo programa de actividades para todos os públicos con obradoiros de cabazas, maquillaxes terroríficas, túnel do terror no paseo do Pexegueiro e o espectacular pasarrúas «Errantes» de Troula Animación. Todas as actividades son de balde.

– A alcaldesa, Digna Rivas, destaca que se trata dunha xornada de festa con actividades para nenos e nenas, pero tamén para a mocidade e adultos. A programación repártese en diferentes localizacións como o Multiúsos de Chapela, o Multiúsos da Xunqueira, o paseo do Pexegueiro e un espectáculo itinerante polo centro da vila.

Redondela celebra o venres 31 de outubro, véspera de Defuntos, a festa do Samaín. A alcaldesa, Digna Rivas, e a concelleira de Cultura, Rita Pérez, foron as encargadas de presentar a programación no paseo do Pexegueiro, xunto a parte do elenco que participará nas actividades. Rivas explicou que a programación organizada polo Concello “está pensado para todos os públicos e haberá actividades en diferentes localizacións como o Multiúsos de Chapela, o Multiúsos da Xunqueira, o paseo do Pexegueiro e as rúas do centro da vila”. Ademais, todas as actividades son de balde.

Os máis pequenos poderán gozar tanto en Redondela como en Chapela dos obradoiros «Fai a túa cabaza» e “Maquillaxe e tatuaxes de terror”. Os tallares serán nos Multiúsos da Xunqueira e do Piñeiral de 17:00 a 20:00 horas. A concelleira, Rita Pérez, explica que nenos e nenas “poderán deixar voar a súa imaxinación e crear as súas propias cabazas de Samaín para levar a casa como un recordo desta noite tan especial”. Nos talleres de maquillaxe os pequenos artistas poderán transformarse en criaturas aterradoras coa axuda de maquilladores expertos, que lles darán trucos e técnicas para un resultado “aterrador”.

O paseo do río Pexegueiro transformarase nun Túnel do Terror desde as 18.30 até as 21.30 horas. Os máis atrevidos poderán experimentar un mundo de misterio, suspense “e moitos sustos”. Haberá sorpresas ao longo da ruta con personaxes e criaturas misteriosas. Pérez Táboas advirte que se trata dunha experiencia “intensa” dirixida a público a partir dos 12 anos ou menores acompañados dun adulto. Aconséllase acudir cunha lanterna.

As rúas do centro da vila transformaranse nun gran escenario para acoller o espectáculo itinerante “Errantes”, de Troula Animación. Orcos, trolls e bestas saídos da máis profunda escuridade dos tempos desfilarán pola vila transportando nunha gaiola o “Orlok” . A pirotecnia, os fachos e o fume, xunto coa percusión do pasarrúas, farán vivir ao público sensacións “terroríficas”. A asombrosa comitiva partirá da Praza de Ribadavia ás 19:30 horas.

Como novidade, este ano a festa rematará co rito ancestral de queimada «Belenus». Será na Praza do Concello ás 20:30 horas. O lume e a música servirán para invocar aos espíritus e librarnos de todo mal a través da cerimonia da Queimada na que non faltarán bruxos e meigas cun espectáculo cheo de paixón, sentimento e lume!!!

There is no Event

Juventud

No Descargas found!

    Cidades Amigas da Infancia

    Carné Xoven

    Unha tarxeta persoal e intransferible a disposición da mocidade galega que a acredita como tal e coa que obtén descontos e vantaxes das entidades colaboradoras en Galicia, no resto das comunidades autónomas españolas e nos países europeos adheridos ao programa do Carné Xove, agás excepcións propias de cada comunidade ou país.Destinado a mozas e mozos entre 12 e 30 anos. Ten unha vixencia é de dous anos a partires da data de expedición (sen superar os 30 anos).

    Cubrir un impreso de solicitude e o de pagamento de taxas. Aboar 6€ en calquera banco ou caixa. co impreso das taxas

    Códigos para o impreso de pagamento: Consellería de Traballo e Benestar (14), Delegación de Pontevedra (40), Servizo de xuventude e Voluntariado (03) Taxa (Carné Xove): Código (36.31.01) Suxeito pasivo (datos da/o moza/o solicitante) Importe a ingresar 6€.

    Xuventude Redondela, Multiusos da Xunqueira , pranta baixo. Paseo da Xunqueira s/n ,Redondela Servizo de Xuventude e Voluntariado. Delegación territorial de Vigo.Rúa Concepción Arenal, 8, 36201 Vigo Oficinas municipais de información xuvenil de calquera concello

    Facilitar os mozos e mozas de 12 a 30 anos o acceso a diferentes bens e servizos a través de descontos ou vantaxes. Abrangue todos os ámbitos: cultural, aloxamento, transportes, comercial, ensino, etc. O carné está homologado en todo o territorio nacional e países europeos adheridos a este programa, agás excepcións propias de cada comunidade ou país.

    Busca tendas ou servizos que acepten o Carné Xove e que estean preto de tí. Localizaos, chamaos por teléfono ou diríxete alí sabendo que promoción teñen para tí. Cando saian novas ofertas relacionadas co Carné Xove recibirás unha alerta no teu dispositivo sen ter que consultar todos os días a páxina de Xuventude da Xunta de Galicia.

    Cómo facer un Carné Xove e como sacarlle máis partido

    Todo nunha soa aplicación Xuventude Tarxeta Virtual.

    Establecementos adheridos

    Son aquelas entidades que colaboran co programa Carné Xove ofrecendo aos seus titulares vantaxes ou beneficios.

    Pode consultar os establecementos aquí.

    Os usuarios do carné xove gozarán en todas as actividades promovidas pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, como mínimo, dun desconto do 10%. A porcentaxe do desconto aplicable especificarase no folleto informativo de cada un dos programas e actividades que se levan a cabo. Non esquezas que todos os descontos que figuran non serán de aplicación en período de rebaixas, liquidación, promoción ou sobre produtos xa rebaixados, nin nos pagos con tarxeta. As entidades colaboradoras, en caso de dúbida sobre a identidade de quen presenta o carné poden solicitar a presentación do DNI.

    Carné xove non pode responder dos descontos non efectuados e das posibles variacións sobre a porcentaxe de estes no estranxeiro. Neste caso trasladarase a incidencia á organización de cada país e á Asociación Europea del Carné Joven (EYCA).

    Compartir