Normalización Lingüística
A área de Normalización Lingüística do Concello de Redondela encárgase de promover e dar soporte técnico ao proceso de extensión do uso da lingua galega.
Contacta
- 986 400 300
- normalizacion@redondela.gal
- Rúa Alfonso XII, 2, 36800 Redondela, Pontevedra
- Laborales de 9:00 a 14:00 horas
- Novas
- Axenda
- Descargas
A alcaldesa, Digna Rivas, e o concelleiro de Ensino, Alverto Álvarez, na presentación da campaña “Unha semaniña enteira” no IES Chapela
– Centros de ensino, Anpas, clubs deportivos, asociacións, comercio e bibliotecas, entre outros colectivos, súmanse ao reto “Unha semaniña enteira” para promover o uso do galego entre a mocidade na semana que celebramos o Día de Rosalía.
– A alcaldesa, Digna Rivas, presentou a campaña no IES Chapela xunto con membros de centros de ensino participantes, a Asociación de Empresas, clubs e Escola de Música de Chapela. A programación contará con teatro, concertos, conferencias e charlas para a promoción da lingua galega.
O IES Chapela acolleu onte a presentación dos actos vencellados á celebración do Día de Rosalía. Un ano máis ponse en marcha o reto “Unha semaniña enteira”, unha iniciativa impulsada polos institutos de Redondela á que se suma o Concello de Redondela e cada vez máis sectores da sociedade. Este reto promove o uso do galego oral durante as 24 horas do día, os sete días da semana, do 20 ao 27 de febreiro. Participa toda a comunidade educativa do municipio, tanto centros de Infantil como de Primaria e Secundaria. Para arroupar esta campaña o Concello distribuirá 3.500 chapas feitas pola Asociación Lenda de Saúde Mental, colectivo ao que Rivas agradeceu “a súa implicación dende o inicio e o seu compromiso co idioma”. Como en edicións anteriores é tamén moi significativa a participación dos clubs deportivos, que promoverán o uso do galego oral para darlle continuidade á campaña “xa que moitos alumnos e alumnas practican algún deporte nos equipos locais”. As Bibliotecas Municipais e a Escola de Música de Chapela súmanse tamén ao reto.
Participación do comercio e a hostalaría
A alcaldesa, Digna Rivas, explicou que desde o Concello o obxectivo foi sempre implicar nesta campaña a distintos sectores da sociedade. Nesta ocasión deuse un impulso ao galego no comercio, coa colaboración da Asociación de Empresas. Repartiranse 1.000 bolsas de papel co logo de Rosalía destinadas aos establecementos de Chapela, e tamén marcapáxinas e unha camelia. Durante toda a semana, a hostalaría participante ofrecerá pratos relacionados con Rosalía, a súa obra ou inspirados na súa literatura. Os comensais que acudan a estes establecementos poderán optar a un sorteo do libro “Rosalía e a cociña”. Rivas agradeceu a implicación de todos os colectivos neste reto “par fomentar entre todos e todas o uso do galego entre a infancia e a mocidade”.
– A alcaldesa, Digna Rivas, explica que é un xeito divertido de explicar as Matemáticas en galego cunha sesión de maxia “para romper os prexuízos que existen ao respecto do ensino das ciencias en galego”. Esta actividades, que hoxe comezaron nos CEIP de Reboreda e Quintela co Mago Paco, percorrerán este mes todos os colexios públicos de Primaria do municipio.
O Concello de Redondela, a través do Servizo de Normalización Lingüística, celebra este mes o Día da Ciencia en Galego coa actividade “Matemaxia”. A alcaldesa, Digna Rivas, explica que é un xeito divertido de explicar as Matemáticas en galego cunha sesión de maxia “para romper os prexuízos que existen ao respecto do ensino das ciencias en galego”. Esta actividades, co Mago Paco, comezaron onte nos CEIP de Reboreda e Quintela, e percorrerán este mes todos os colexios públicos de Primaria do municipio.
Rivas lembra que o 4 de novembro conmemórase o Día da Ciencia en Galego, unha idea que nace despois de que a Consellaría de Educación obrigase por decreto en 2010 a impartir en castelán as clases de Matemáticas, Tecnoloxía, Física e Química no ensino non universitario “como se o noso idioma só servise para facer poesía”. Con esta data preténdese pór en valor o uso do galego, que coma calquera idioma “vale tanto para falar de letras como de números”.
Cada ano, como pasa co Día das Letras, escóllese a un relevante científico a quen homenaxear, e neste 2025 o escollido foi o bioquímico Fernando Calvet (1903-1988), “un absoluto transformador da Universidade”. O profesor foi o introdutor da bioquímica moderna en España, modernizador da química orgánica en Galicia e iniciador da investigación química na USC nos anos 30 do pasado século e pioneiro na aplicación da química á industria. O seu compromiso coa ciencia e con Galicia levouno ao exilio e ao cárcere en 1938. Ao saír da prisión, desde a dirección dos laboratorios Zeltia no Porriño, patentou especialidades farmacéuticas e elaboráronse fármacos hepáticos, insulinas, ou vitaminas, entre outros.


O Concello inclúe na nova sinalización das rúas un código QR con acceso á páxina web Toponimia de Redondela “para que veciñanza e visitantes poidan coñecer a orixe e significado dos nomes das rúas e lugares”, explica Rivas. Esta iniciativa conta co apoio da RAG, institución que recoñeceu e eloxiou a labor do Concello redondelán por ser o primeiro en incluír a toponimia como ben patrimonial no PXOM.
O Concello de Redondela traballa na promoción e posta en valor do seu patrimonio inmaterial, e o nome das rúas, barrios e lugares é un ben a conservar. De feito Redondela é o primeiro Concello en incluír a toponimia como ben patrimonial no seu Plan Xeral de Ordenación Municipal. Este feito foi recoñecido e eloxiado pola Real Academia Galega na visita que este ano fixo á vila o presidente da entidade, Víctor Freixanes. Desde o Servizo de Normalización Lingüística, que dirixe a alcaldesa Digna Rivas, Creouse a páxina web Toponimia de Redondela, na que se recolle a orixe e significado de máis de 2.000 microtopónimos.
En liña con este proxecto, o Concello xa anunciara que as novas placas que se vaian colocando nas rúas incluirían un código QR para acceder a ese directorio dixital. Para Rivas “este é un xeito de dar visibilidade ao traballo de recuperación da toponimia e achegarnos a esta riqueza patrimonial que debemos conservar”. Deste xeito, visitantes e curiosos poden consultar o que significa o nome de cada lugar.
As primeiras rúas en contar coa nova sinalización son Camiño dos Eidos, Catepeixe, en Cesantes, Estrobo, en Chapela, Carambola, en Reboreda, rúa Alta, en Asnelle de Arriba, Estrada Morta, Camiño da Lameira ou Camiño Real de Angorén, entre outras. O departamento de Infraestruturas e Sostibilidade, que se encarga da colocación das placas, conta xa cunha trintena de novas sinalizacións que se irán instalando nas vindeiras semanas. O concelleiro, Roberto Villar, explica que o obxectivo e ir incorporando paulatinamente as novas placas no rueiro municipal de todas as parroquias.
A páxina da Toponimia de Redondela permite tamén a descarga dos libros de microtoponimia realizados polo Concello de Redondela. Desde o Servizo de Normalización Lingüística promovéronse traballos de campo, estudos filolóxicos e a edición de libros da microtoponimia das parroquias de Redondela «todos eles cunha moi boa acollida por parte da cidadanía», lembra Rivas.
Paseo da Xunqueira, s/n
Redondela, Pontevedra 36800

Paseo da Xunqueira, s/n
Redondela, Pontevedra 36800

O Concello de Redondela é pioneiro da normalización da lingua galega. Un proceso que constitúe unha protección, divulgación e impulso da riqueza cultural máis importante de Galicia. Redondela constituíu o Servizo de Normalización Lingüística no ano 1982; por tanto, un ano antes de que o Parlamento galego aprobase a Lei de normalización. Por este motivo, Redondela situouse como un referente para toda Galicia. Esta decidida e valente, iniciativa valeulle distintos recoñecementos, como o Premio da Crítica de Galicia ou o Pedrón de Ouro. A lingua galega converteuse nun motivo de especial orgullo para a cidadanía redondelana. Porque a causa do idioma é unha causa común. Pero coñezamos un pouco desta historia.
Nacemento e devir do galego
O galego é unha lingua romance. Formouse cara ao final do século VIII a partir dun substrato celta e dos superestratos xermánicos (suevos, visigodos), tendo como base o latín. No léxico quedaron mostras, actualmente vivas, de linguas anteriores á chegada dos romanos. Por exemplo, carqueixa, queiruga, touza, labio, lágrima, rodaballo… Na toponimia temos numerosos exemplos: Viascón, Bergantiños, O Grove… ou nos nomes de ríos: Sar, Navia, Landro…
O período medieval (X-XV) foi luminoso para Galicia grazas ao poder relixioso, nobiliario e cultural. De testemuño quedaron os códices coa lírica medieval galega, as coleccións de documentos xurídicos ou textos escritos por monarcas, como o Rei Afonso X O Sabio, autor das “Cantigas de loor de Santa María”.
Por causa das vicisitudes sociopolíticas (independencia do sur de Galicia, que deu orixe a Portugal; guerras civís; revoltas irmandiñas; interveción dos Reis Católicos…) o galego foi perdendo o seu status en favor do castelán, que axiña se impuxo como única lingua na escrita malia que a poboación falase galego.
Ao longo dos anos produciuse tamén un cambio sociolingüístico posto que as clases pudentes adoptaron o castelán como marca fronte ao galego, identificada coas clases baixas. A isto sumóuselle unha política de expulsión do galego da documentación, de castelanización da toponimia (Sanjenjo, Rianjo, Mugía…) ou incluso de modificación nos apelidos (Otero por Outeiro, Seijas por Seixas, Molinos por Muíños…).
O galego mantívose sempre como lingua oral. Devagar xurdiron voces que reivindicaron a súa dignificación (Conde de Gondomar, Padre Feijóo, frei Martín Sarmiento…). Será co Rexurdimento (S. XIX) cuando comience un proceso continuado de recuperación en la escritura.
O galego mantívose sempre como lingua oral. Devagar xurdiron voces que reivindicaron a súa dignificación (Conde de Gondomar, Padre Feijóo, frei Martín Sarmiento…). Será co Rexurdimento (S. XIX) cando comece un proceso continuado de recuperación na escrita e que terá o momento álxido coa fundación da Real Academia Galega en 1906.
No pasado século a conciencia lingüística avanzou. En 1916 naceron as Irmandades da Fala ue tiñan por bandeira a lingua como elemento central da identidade galega. Dende entón iniciouse a demanda da cooficialidade que chegaría coa aprobación do Estatuto Galego en 1936. Pero a guerra civil impediu que se puxese en marcha.
A ditadura franquista expulsou o galego da vida oficial, agás no ámbito da cultura. Esta tería un papel central na recuperación da conciencia lingüística. A mediados dos 60 apareceron numerosas asociacións culturais en cidades e vilas que impulsaron o galego con distintas iniciativas.
Tamén o movemento político e sindical antifranquista foi incorporando o uso do galego. Hoxe é a lingua oficial de todos os sindicatos agrarios e obreiros e da maioría das forzas políticas con representación institucional. Tras a aprobación do Estatuto de Autonomía (1981), que supuxo a cooficialidade do galego e que foi definida como “a lingua propia de Galicia”, comezou a incorporación a todos os ámbitos dos que fora expulsado ao longo dos séculos.
Redondela impulsa el Gallego
O Concello de Redondela foi o primeiro en ofrecer en galego todo tipo de formularios en galego, en sinalizacións viarias, na rotulación das dependencias municipais… Ademais organizou os primeiros cursos de linguaxe administrativa para o funcionariado e cursos de para a veciñanza.
Mais a iniciativa de Redondela foi máis alá do municipio. A mediados dos 80 reclama ás autoridades responsables a incorporación do galego á guía telefónica, ao transporte aéreo e ferroviario (Aviaco e Renfe), ás empresas públicas… Organiza xornadas sobre modelos de normalización traendo a responsables de Euskadi e Catalunya, lanza unha campaña de grande éxito titulada “Sinte Galicia, fala o teu idioma” na cal participan rostros moi populares nese tempo (Camilo José Cela ou Pepe Domingo Castaño).
Un momento histórico foi a sentenza ditada en galego o 27 de marzo de 1985 pola Audiencia Territorial da Coruña tras 500 anos de proscrición. O promovente fora o Concello de Redondela.
Outras propostas, sempre recibidas con entusiasmo polo pobo redondelán, foron logo copiadas noutros municipios (por exemplo, Redondela foi o primeiro consistorio que puxo o nome de “Casa do Concello”) ou se manteñen vivas até hoxe (por exemplo, o premio de narrativa Eduardo Blanco Amor).
Na actualidade, o galego conta coa máxima protección a nivel legal dentro do municipio: é a lingua oficial, existe unha ordenanza de uso, mantense o SNL como departamento autónomomo… Pero a realidade sociolingüística galega é adversa á vista dos datos da ruptura na transmisión interxeracional.
En todo caso, Redondela foi e segue sendo un modelo lingüístico referente para toda Galicia. Esta é tarefa compartida entra a Administración e a sociedade. Redondela é un exemplo. Unha proba é a recollida, conservación e promoción da microtoponimia, coa creación dunha web esepcífica que podedes consultar na seguinte ligazón: Toponimia de Redondela.