Concello de Redondela

Busca
Pechar esta caixa de busca.
Busca
Pechar esta caixa de busca.

Alcaldesa

Digna Rosa Rivas Gómez

SAÚDO

Estimada amiga, estimado amigo:

Benvida e benvido á páxina web do Concello de Redondela, un espazo virtual que recolle toda a información do noso municipio. Neste portal poderás atopar información de todas as parroquias, estar ao día das actividades culturais que se organizan, coñecer as características dos nosos lugares, a súa historia, e tamén toda a actualidade

Redondela.gal é unha porta de entrada a todos os servizos municipais desde calquera lugar. Coa última actualización a nosa páxina web mellora os servizos da administración electrónica e a relación coa cidadanía para tramitacións e solicitudes máis accesibles dende a plataforma dixital. Como principal novidade a web permite agora solicitar a Tarxeta Cidadá de Redondela, coa que podedes acceder aos servizos municipais e á nova app para o teléfono móbil. Con ela poden mercarse entradas para eventos culturais, reservar pistas de tenis e pádel ou ver os partidos do deporte local, entre outras cousas.

Este portal Redondela.gal é o reflexo dunha administración viva e moderna, e pouco a pouco irá medrando en prestacións e servizos á veciñanza. Traballamos para que cada día sexa máis doado acceder desde a casa ou desde calquera lugar ás mesmas tramitacións que se poden realizar de xeito presencial na Casa do Concello. Esta páxina quere ser tamén unha ferramenta de comunicación directa con todas e todos vós, onde podedes deixar as vosas opinións, queixas e suxestións.

A páxina Redondela.gal tamén dá acubillo ás iniciativas sociais e culturais de todas as parroquias, nas que existe unha ampla e variada oferta de actividades que dan mostra do carácter, impulso e innovación constante da nosa veciñanza

O noso principal obxectivo como administración local é mellorar a calidade de vida da cidadanía, e confiamos en que esta nova web cumpra con ese propósito. Convídovos a informarvos dos contidos deste portal de Redondela e que sirva como unha fiestra aberta ao mundo para os que queiran coñecernos

DIGNA RIVAS GÓMEZ – ALCALDESA DE REDONDELA

BIOGRAFÍA

Nada en Redondela en 1976

ESTUDOS

  • Técnica de Prevención de Riscos Laborais.
  • Técnica de Coidados Auxiliares de Enfermería
  • Técnica Superior de Laboratorio e Análises Clínicos

CARGOS

  • Alcaldesa do Concello de Redondela.
  • Concellería de Normalización Lingüística.
  • Deputada provincial

Compartir