Esta semana a literatura encherá a alameda da nosa vila, grazas á Feira do Libro de Redondela, que un ano máis achega a súa maxia polas nosas rúas.
Dende o xoves 11 e ata o domingo 14 de xuño libreiros, escritores e libros compartirán o espazo público con viandantes, curiosos, lectores e entusiastas.
Presentacións de libros, obradoiros, poesía, micros abertos, teatro familiar, humor e moito moito máis… arredor dos libros e dunha feira na nosa vila que acada, xa, a súa 10ª edición.
VER O PROGRAMA COMPLETO
Porque a literatura nos ofrece momentos inesquecibles…. Non vola perdades!