Concello de Redondela

Ciclos temáticos de literatura en lingua galega. Colaboración do Servizo de Normalización Lingüística e as Bibliotecas Municipais de Redondela

O Servizo de Normalización Lingüística e mais as Bibliotecas de Redondela propuxémonos recomendar lecturas a partir de ciclos literarios. Cada libro leva un pequeno resumo ou opinión para que o público teña unha idea do que se vai atopar.
  • Comezamos en Redondela cun ciclo dedicado aos Estados Unidos, para comprender unha parte da súa identidade e como se construíu a partir de loitas civís.
Os libros recomendados son:
  • “O número un”, de John dos Passos
  • “Pan con xamón” de Charles Bukowski
  • “A perla”, de John Steinbeck
  • “Alén” de Xaime Quintanilla
  • En Chapela o ciclo está dedicado á loita polos dereitos da muller. Os título son:
  • “Annette, unha epopea”, de Anna Weber
  • “Canto máis negra é a amora…” de W. Thruman
  • “Morgana en Esmelle”, de Begoña Caamaño
  • “Chámame señora pero trátame coma un señor” de Inma López Silva

Cada tres meses mudaremos os ciclos. Unha forma de coñecer a literatura galega e internacional por medio do idioma de Galicia.

Compartir