Concello de Redondela

Cursos de informática de marzo e abril de 2026

A Concellería de Novas Tecnoloxías do Concello de Redondela, que xestiona Antonio Cabaleiro, desenvolverá durante os meses de marzo e abril, a través das Aulas CeMIT de Redondela e Chapela, cursos totalmente gratuítos dirixidos ao público en xeral, abarcarán diferentes ámbitos da informática.

Para estes cursos ofértanse en diferentes horarios mais de 100 prazas para diferentes cursos e horarios na aula de Redondela, cun total de 16 postos e na de Chapela con 12 postos.

As formacións son as seguintes:

Aula CeMIT Redondela os luns e mércores:

Do 02 de marzo ao 29 de abril

CURSO: OnlyOffice: Suite Ofimática (documentos de texto, planillas de cálculo, pdf e presentacións multimedia)
DATAS: Do 02/03 ao 29/04
HORARIOS: De 10.00 a 11.30hs
CURSO: Competencias Dixitais para a cidadanía (manexo do sistema operativo Windows 11 e aplicacións)
DATAS: Do 02/03 ao 29/04
HORARIOS: De  12.00 a 13.30hs

CURSO: Canva: software online – Presentacións multimedia
DATAS: Do 02/03 ao 29/04
HORARIOS: De 17.00 a 18.30hs

AULA ABERTA: TALLERES PARA ADULTOS – VENRES MARZO

Talleres para adultos – Consultas e dúbidas. (09:30/12:00 hs. e 16:30/20:30 hs)
Competencias Dixitais Básica con Tablets. (12:00/13:30 hs.)

 

Aula CeMIT Chapela os martes e xoves:

Do 30 de setembro ao 18 de decembro

CURSO: Microsoft 365 para a Web (documentos de texto, planillas de cálculo e presentacións multimedia)
DATAS: Do 03/03 ao 30/04
HORARIOS: De 10.00 a 11.30hs.
CURSO: Edición de imaxes online: Photofunia, Photofuneditor, Photolab…
DATAS: Do 03/03 ao 30/04
HORARIOS: De 12.00 a 13.30h

CURSO: Aplicacións Google (fotos, tradutor, correo…)
DATAS: Do 03/03 ao 30/04
HORARIOS: De 17.00 a 18.30hs

AULA ABERTA: TALLERES PARA ADULTOS VENRES NOVEMBRO

Talleres para adultos – Consultas e dúbidas. (09:30/12:00 hs.)
Competencias Dixitais Básica con Tablets. (12:00/13:30 hs.)

As instancias para participar nos cursos pódense recoller na páxina web de Redondela (www.redondela.gal), no Centro de Formación A Marisma (ao carón da piscina municipal) e no multiúsos da Xunqueira en Redondela. En Chapela pódense solicitar nas Dependencias dos Servizos Sociais.

A presentación solicitudes e a documentación precisa farase nos rexistros habilitados no Concello de Redondela. A selección será por orde de inscrición. Posteriormente, ao alumnado con praza concedida chamaráselle por teléfono para confirmar a súa participación.

FICHA DE INSCRIPCIÓN DO ALUMNADO REDONDELA 2026

FICHA DE INSCRIPCIÓN DO ALUMNADO CHAPELA 2026

 

Compartir