O 30 de xaneiro é unha data significativa para as bibliotecas de Galicia. Nese día celébrase o aniversario do nacemento de Daniel Alfonso Rodríguez Castelao e, por tal motivo, veu en ser recoñecido como o DÍA DA ILUSTRACIÓN dentro do Calendario do Libro e da Lectura de Galicia.
Unha data singular creada no ano 2014 para facer homenaxe a debuxantes, ilustradores, coloristas, e a todos os profesionais da ilustración, co obxectivo de destacar a súa labor e reivindicar o seu importante papel na industria cultural, como indica a Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI).
Este ano homenaxea á figura de SIRO.
🎨 Dende as nosas bibliotecas tamén queremos poñer o noso gran de area para festexar este día, e para iso realizaremos unha actividade moi chula para nenos e nenas
- Xoves 29 de xaneiro, ás 18:00 h: obradoiro de ilustración para nenos e nenas, coa ilustradora Noa López.
– Para nenos e nenas de 6 a 12 anos.
– Precisa inscrición. Podedes facelo telefónicamente: 986-454-226 ou por correo electrónico: bibliotecachapela@redondela.gal.
Animádevos a pasar unha tarde sensacional na biblioteca.