Concello de Redondela

A Biblioteca Xela Arias festexa o Día do Libro cun obradoiro creativo

Como xa sabemos, o 23 de abril celébrase o Día do Libro.

Para festexar esta data a Biblioteca Xela Arias de Chapela ofrece un obradoiro creativo para nenos e nenas, da man de Costa Oeste, escola de deseño e arquitectura.

Un obradoiro para espertar a creatividade a carón dos nosos contos favoritos. Contos en construción é un taller baseado nos contos clásicos e contemporáneos. Nel as persoas participantes, mediante unha didáctica experimental onde se fomentará a creatividade individual e o traballo cooperativo, reflexionarán sobre os estereotipos que aparecen no conto e interpretarán un fragmento do relato escollido materializándoo coa construción dunha maqueta 3D.

A actividade está dirixida para nenos e nenas de entre 6 e 12 anos, que terán que inscribirse na biblioteca para participar.

Terá lugar o mércores 23 de abril, entre as 18 e as 19:30 h. e realízase grazas ao programa Ler Conta Moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia.

A Biblioteca Xela Arias festexa este 2025 o seu 20 aniversario, que ten lugar neste abril, mes do libro.

 

Compartir