Concello de Redondela

Un verán na montaña coa Biblioteca Xela Arias

  • Á praia ou á montaña? O verán plantéxanos estas pracenteiras disxuntivas, que non sempre somos quen de resolver sen darlle unha boa pensada 🌞

Este ano na Biblioteca de Chapela témolo claro, e escollemos gozar do aire puro e da natureza na montaña.
Tenda de campaña, manta e unha boa cacharela para contar contos «á luz das estrelas» para o público máis aventureiro.

E unha boa escolla de libros para facer máis vívida e interesante esta aventura. Podedes acompañarnos e gozar con nós deste paseo ficcional pola natureza e esta evocación con sabor a verán.

De luns a venres, de 9:00 a 14:00 h., durante todo o mes de XULLO, na nosa sala infantil.

——————–

  • E para os adultos, tamén temos unha selección de propostas, moi estivais, para que a lectura vos acompañe nestes días de ocio e caloriña.

Compartir