- Na fotografía superior amosamos o momento da entrega do premio de mans de Rita Pérez, concelleira de Cultura de Redondela, e de parte do persoal das nosas bibliotecas municipais. Este ano o premio entregouse nas dependencias da Biblioteca P. M. Xela Arias de Chapela (Redondela), dado que este 2025 celebra o seu 20 aniversario.

O sorteo realizouse entre aqueles participantes do Reto que foron quen de completar as 12 lecturas dese calendario. O premio, como non podía ser doutro xeito, foi un grande e variado lote de libros. Ademáis, todas as persoas que remataron o reto recibirán un agasallo.

Desde as bibliotecas queremos agradecer a Julia , traballadora social da asociación ASEARPO, por aceptar ser a «man inocente» do sorteo.
Co sorteo e mais a entrega do premio, as Bibliotecas Municipais de Redondela únense á conmemoración do Día do Usuario/a das Bibliotecas, data destacada no Calendario do Libro e a Lectura de Galicia como o 11 de xaneiro. As bibliotecas renden así homenaxe aos usuarios e usuarias, por seren eles unha parte fundamental e imprescindible do seu servizo.