As Bibliotecas Municipais de Redondela e Chapela ofrecen un outono cheo de actividades para público de todas as idades. A concelleira de Cultura, Rita Pérez Táboas, presentou as actividades cos responsables das bibliotecas Xela Arias e Valle Inclán, María José Villar e Jose Ángel Reboredo. A edil lembrou que o próximo 24 de outubro, Día das Bibliotecas, tamén se celebra o XX aniversario da Biblioteca Xela Arias cun concerto moi especial.
XOVES 25 DE SETEMBRO, ás 18:00 h.
“Cambio e conto”, con Raquel Queizás
Contacontos para bebés. Cativos de 1 a 4 anos.
Inscrición previa na biblioteca.
Programa Ler conta Moito.
BIBLIOTECA VALLE-INCLÁN DE REDONDELA.
MARTES 30 DE SETEMBRO, ás 17:30 h.
“Conta miña compañeira”, con Lorena Piñeiro
Contacontos para persoas maiores.
Inscrición previa na biblioteca.
Programa Ler conta Moito.
BIBLIOTECA XELA ARIAS DE CHAPELA.
XOVES 9 DE OUTUBRO, ás 18:00 h.
“Contos pequeniños”, con Bea Campos
Contacontos para bebés. Cativos de 6 meses a 3 anos.
Inscrición previa na biblioteca.
Programa Ler conta Moito.
BIBLIOTECA XELA ARIAS DE CHAPELA.
XOVES 16 DE OUTUBRO, ás 18:00 h.
“A corpo contado”, con Charo Pita
Contacontos infantil. Rapazada 5-9 anos.
Entrada libre ata completar localidades.
Programa Ler conta Moito.
BIBLIOTECA VALLE-INCLÁN DE REDONDELA.
VENRES 24 DE OUTUBRO, ás 20:00 h.
Día das Bibliotecas.
Concerto XX aniversario Biblioteca Xela Arias:
Os Carunchos: presentación do libro-disco:
“Unha gorxa chea de Paxaros”.
BIBLIOTECA XELA ARIAS DE CHAPELA.
Os contacontos inclúense no programa Ler Conta Moito para a dinamización da lectura da Xunta de Galicia.
