Concello de Redondela

Cargando eventos

“Conta miña compañeira”. Contos para persoas maiores, con Lorena Piñeiro

30 Setembro @ 17:30 - 18:30

Para festexar o Día Internacional das Persoas de Idade, a Biblioteca Xela Arias de Chapela acolle un contacontos para persoas maiores.

“Conta miña compañeira”, coa narradora oral Lorena Piñeiro.
As prazas son limitadas. Podedes facer a vosa inscrición na Biblioteca Xela Arias de Chapela:

  • Teléfono: 986-454-226.
  • Correo-e: bibliotecachapela@redondela.gal

A actividade realízase con Ler conta moito, programa de dinamización da lectura nas bibliotecas públicas promovido pola Xunta de Galicia e que se leva a cabo en colaboración co Concello de Redondela.

Información

30 Setembro @ 17:30 - 18:30

Recinto

Biblioteca de Chapela

Camiño do Piñeiral, 22
Chapela, Redondela, Pontevedra 36320 España

Organiza

Compartir