A Biblioteca Valle-Inclán de Redondela acolle un contacontos para os máis cativos.
Nenos e nenas de 1 a 4 anos, acompañados dun adulto, poden inscribirse para gozar dunha sesión especial de narración oral da man dunha das nosas máis queridas contacontos: Raquel Queizás.
- Podedes facer a vosa inscrición na Biblioteca de Redondela, chamando ao teléfono 986-401-561.
A actividade realízase con Ler conta moito, programa de dinamización da lectura nas bibliotecas públicas promovido pola Xunta de Galicia e que se leva a cabo en colaboración co Concello de Redondela.
