O luns de Entroido temos contacontos na Biblioteca Xela Arias, grazas á participación da nosa tan activa veciñanza.
As nosas contacontos máis experimentadas, Lía e mais Beatriz, achegarannos historias a partir de personaxes moi ben caracterizados.
Estades preparados para vir cos vosos disfraces?
Para nenos/as a partir de 3 anos, e público familiar.
- Prazas limitadas. Inscrición na biblioteca:
tlf. 986-454-226
bibliotecachapela@redondela.gal
