Un ciclo de 14 experiencias únicas para iniciarse na observación dos ceos de Galicia Suroeste, que chega á nosa vila o vindeiro 12 de setembro.
Dentro das nosas prioridades deste proxecto está por en valor e protexer os nosos ceos nocturnos e o dereito das estrelas, nos meses de setembro e outubro poderás desfrutar destas experiencias impartidas por monitoras turísticas certificadas pola Fundación Starlight.
Información de interese
- O punto de encontro para o desenvolvemento das actividades será enviado a cada unha das persoas participantes logo da súa inscrición.
- Leva roupa cómoda e de abrigo en abundancia (nalgunhas noites pode ser interesante ata un gorriño e unhas luvas)
- Esterilla ou manta para sentarse ou tumbarse no chan
- Lanterna, que pode ser a do móbil.
- Calzado apropiado e cómodo para desprazarse.
