- Este evento pasou.
Presentación do libro “Letras” de María Ruiz
22 Abril @ 20:00 - 21:30
De balde

Nunha nova edición do ciclo Aquí sí hai quen escriba, a Biblioteca Xela Arias de Chapela comprácese en recibir o primeiro poemario da chapeleira María Ruiz.
Co título “Letras”, achéganos un poemario íntimo, honesto e, por veces, desgarrador. Poesía confesional e catártica na que a autora afronta e traspasa a dor para convidarnos a sandar as nosas feridas.
Unha actividade que se encadra dentro da programación de Abril dos libros, organizada polas Bibliotecas Municipais de Redondela.
Animámosvos a que vos acheguedes.

