Cargando eventos

Roteiros ambientais en setembro

8 Setembro - 28 Setembro
🌿 Seguen os Roteiros Ambientais e Culturais en Setembro ! 🌿
Queres descubrir a riqueza natural e paisaxística de Redondela?
O Concello de Redondela organiza catro xornadas de balde para desconectar e aprender en plena natureza. Anota as datas e elixe a túa aventura:
🚶‍♂️ Sábado 12 Setembro: Paseo nocturno “A Punta de Cesantes”. (20:30 – 23:00 h).
🏞️ Domingo 13 Setembro: Ruta ambiental “O Río Pexegueiro” (Ruta curta). (10:00 – 13:00 h).
🦅 Venres 18 Setembro: Iniciación á Observación de Aves Limícolas en Mariñas (Senda da Portela). (16:00 – 18:00 h).
⛰️ Domingo 27 Setembro: Ruta ambiental “Os Montes de Ventosela”. (17:30 – 20:30 h).
💰 Prezo: Todas as actividades son totalmente de balde.
🔒 Prazas limitadas: É obrigatorio facer reserva previa.
📲 Inscricións:
ℹ Na Oficina de Turismo, rúa Isidoro Queimaliños
📞 Chamando ao 986 401 713
📧 Escribindo a turismo@redondela.gal
Non quedes sen a túa praza! 🥾✨

Información

8 Setembro - 28 Setembro

Recinto

Organiza