Chega a fin de semana do 29 e 30 de agosto e con ela novas oportunidades para descubrir a riqueza natural e histórica do noso concello. Xa tes plans? Toma nota de todo o que preparamos:
•
Ruta ambiental “O Río Pexegueiro”: Unha ruta longa para conectar coa natureza de 09:00 a 13:00 h. De balde.
•
Visita guiada teatralizada no Museo Meirande
: Coñece a nosa historia de forma única. Haberá 2 pases: 16:30-17:30 h e 18:00-19:00 h. De balde.
•
Ruta ambiental “O Litoral de Soutoxuste”: Un paseo espectacular ao lado do mar de 10:00 a 13:00 h. De balde.
•
Kayak na Enseada de San Simón: Unha aventura náutica para toda a familia de 10:30 a 13:00 h. Prezo: 20€/persoa.
Oficina Municipal de Turismo, rúa Isidoro Queimaliños.
Non quedes sen a túa praza e desfruta de Redondela! 

