O Multiúsos e o paseo da Xunqueira, así como os soportais do Concello, acollen a exposición colectiva de tres artistas redondeláns: Manuel Seijas, Olimpio Giráldez e José Ángel Xesteira. Esta mostraconmemorativa celebra os 60 anos da primeira vez que se reuniron para expoñer as súas obras, fito que repetiron 30 anos despois.
A exposición, que se pode ver ata o 26 de marzo, reúne obras das xa expostas nas anteriores mostras así como outras novas, con diferentes estilos e técnicas. O acto de inauguración, no que participaron a alcaldesa, Digna Rivas, e a concelleira de Cultura, Rita Pérez, congregou a un nutrido grupo de veciños e veciñas, familares e amizades dos tres artistas. Seijas, Giráldez e Xesteira conincidiron en reclamar “máis cultura, e menos guerra”. Rivas puxo o acento no dinamismo da sociedade redondelá, que é un “exemplo” de compromiso coa cultura, as liberdades, a solidariedade e a democracia “como nos demostran nesta exposición estes tres artistas, persoas ben coñecidas e queridas nesta vila”.
