Concello de Redondela

Search
Close this search box.
Search
Close this search box.

O Concello de Redondela programa a reparación de camiños en todas as parroquias

A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, acometerá a próxima semana os traballos de asfaltado na estrada do Cruceiro, en Cedeira, se a situación meteorolóxica o permite. O edil explica que a reparación desta vía atrasouse polas chuvias das últimas semanas e as emerxencias causadas polo temporal. No primeiro semestre deste ano a concellería licitará a reparación de varios camiños en Cesantes, Chapela, A Portela e Reboreda con 150.000 euros de fondos municipais. A mellora do camiño da estrado do Outeiro en Reboreda financiaranse con fondos do plan +Provincia da Deputación de Pontevedra. As obras, que se realizarán ao longo deste ano, son proxectos nos que o Concello xa vén traballando desde o mandato anterior. A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, acometerá a próxima semana os traballos de asfaltado na estrada do Cruceiro, en Cedeira, se a situación meteorolóxica o permite. Villar explica que “as chuvias das últimas semanas atrasaron estes traballos pendentes”, que están programados desde o pasado 14 de febreiro. Por outra banda, as incidencias causadas polo último temporal, como caídas de muros, taludes e asolagamentos “tiñan que ser resoltas de maneira urxente, polo que o persoal municipal centrouse nestes problemas e os traballos de asfaltado tiveron que agardar”. O edil explica que as obras nesta estrada de Cedeira prolongaranse durante dúas semanas, xa que se actuará en seis tramos onde se rexistran fochancas. As reparacións faranse con asfaltado en quente “polo que é preciso que teñamos varios días sen chover, xa que a auga e o piche non se levan ben”, afirma Roberto Villar.

En canto a outras obras programadas para este primeiro semestre do ano, a concellería licitará a reparación de varios camiños en Cesantes, a Portela e Reboreda. Estes traballos contarán cun orzamento de preto de 150.000 euros con cargo aos fondos municipais. Por outra banda, a estrada do Outeiro en Reboreda financiaranse con fondos do plan +Provincia da Deputación de Pontevedra, e está previsto que o camiño das Ánimas en Chapela se realice tamén cunha subvención do ente provincial.

O concelleiro adianta que xa no segundo semestre do ao realizaranse actuacións de mellora en camiños das 13 parroquias do municipio e tamén no caso urbano. Nestes casos son reparacións en diferentes tramos de camiños que se atopan en mal estado de conservación, conclúe Villar. Todas estas obras, que se realizarán ao longo deste ano, son proxectos nos que o Concello xa vén traballando desde o mandato anterior.

Compartir