Concello de Redondela

Search
Close this search box.
Search
Close this search box.

Mensaxes de agradecemento do comercio local en tempos de pandemia

En tempos de pandemía xurden boas iniciativas que nos gusta destacar. Unha cadea de agradecementos aos clientes percorren os escaparates dos
establecementos de Redondela.

Luisa é a xerente dun establecemento de moda localizado nunha das rúas mais céntricas de Redondela, W52, na rúa José Regojo. Os seu grandes escaparates apareceron un día decorados cunha fermosa frase de agradecemento á clientela

“Gracias a ti, por confiar en el comercio local en estes momentos tan complicados. Mil Gracias Redondela”.

As habilidades de Luisa empregando a técnica de lettering conquistaron as miradas de clientes e de outros comercios e Luisa
comezou a replicar a mensaxe nun e noutro escaparate ata que case perdeu a conta, xa que son máis de 50 os establecementos que contan xa con esta singular mensaxe e a cadea de agradecementos non para.

E é que Luisa, ao igual que os resto de compañeiros, comerciantes, hostaleiros e profesionais que dan vida as nosas vilas queren dar as grazas aos clientes que
están a confiar no comercio local.

Dende a Asociación de Empresarios de Redondela non temos máis de apoiar e difundir iniciativas como estas de contribúen a un comercio local mais forte e unido. A confianza recuperación da confianza no pequeno comercio é vital nun momento como o actual é vital para a recuperación e dende as asociacionismo comercial e empresarial seguiremos traballando por poñer en valor a vocación de servizo que no pequeno comercio sempre estivo aí.

Grazas a ti Luisa!.

Compartir