Este mes de novembro a Biblioteca de Chapela comprácese en ofrecer un novo contacontos para cativos.
De novo as familias poderán inscribirse na biblioteca para gozar dunha divertida contada, que nos ofrecerá unha usuaria da biblioteca.
Será o venres 14 de novembro, ás 18:30 h, na sala infantil da Biblioteca Xela Arias.
Contaremos con Beatriz, usuaria da biblioteca, mamá e namorada da literatura infantil, que xa nos ten ofrecido outras sesións.
- Para nenos e nenas a partir dos 3 anos.
- Insricións na biblioteca.