– Realízanse obras de mellor nos camiños dos Barrás, Fonte da Agra e das Coviñas con ampliacións es puntos estreitos próximos a cruzamentos para favorecer a circulación tanto de vehículos como de peóns. Os traballos, que ascenden a más de 30.000 euros, serán financiadas na maior parte cos Orzamentos Participativos (21.666 euros), xa que foron as melloras solicitadas polo Consello Parroquial de Cabeiro.
A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, está a realizar obras de mellora en tres camiños da parroquia de Cabeiro: o camiño dos Barrás e os de Fonte da Agra e das Coviñas. O obxectivo destas tres actuacións é a de “ampliar estas vías de comunicación da parroquia nos puntos de cruzamentos para favorecer a circulación tanto de vehículos como de peóns”.
A alcaldesa, Digna Rivas, visitou as zonas onde se están a realizar as obras con Roberto Villar e o concelleiro de Participación Cidadá, Alberto Álvarez. Estas obras, que ascenden a más de 30.000 euros, serán financiadas na maior parte cos Orzamentos Participativos (21.666 euros), xa que foron as melloras solicitadas polo Consello Parroquial de Cabeiro. Villar explica que foron os representantes veciñais da parroquia os que decidiron facer as obras nestes tres camiños “para mellorar a circulación nestes tres puntos que eran estreitos e que coa reforma permitirán que o paso dos coches sexa máis fluída”. En todo caso, o responsable de Infraestruturas advirte que, en moitas ocasións, este tipo de ampliacións son empregadas polos condutores para estacionar os seus vehículo “o que empeora aínda máis a situación”. “Agardo que a veciñanza faga un uso responsable destes tramos de vía pública que se amplían e que non os empregue como aparcadoiros”, conclúe Villar.
O concelleiro de Infraestruturas e Sostibilidade sinala que desde o seu departamento “estase a avanzar na reparación e mellora das estradas e camiños do municipio, e o obxectivo é seguir nesta liña tanto con fondos propios do Concello como doutras administracións”.