Concello de Redondela

O Concello de Redondela celebra un Mercadillo Solidario de Nadal

Este ano por primeira vez participan neste Mercadillo as ANPAS para recaudar fondos para as excursións de fin de curso e a Fundación Santa Cruz cos traballos que elaboran as persoas usuarias desa institución.

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, e a concelleira de Servizos Sociais e Igualdade, Iria Vilaboa, presentaron o Mercadillo Solidario de Nadal que se celebrará os días 19, 20 e 21 de decembro.

Este mercadillo estará na Praza Constitución para que veciñanza e visitantes poidan mercar agasallos de Nadal orixinais e solidarios. O horario de apertura será:

Venres 19, de 16 a 20h

Sábado 20, de 10 a 13:30 e de 16 a 20h

Domingo 21, de 10 a 13:30h.

Esta iniciativa solidaria forma parte das actividades organizadas polo Concello de Redondela dentro da programación de Nadal, en colaboración coas asociacións locais como Andaina, Lenda, DaMan e o Colectivo Republicano. Este ano a maiores participan por primeira vez a ANPA Pedro Floriani, a ANPA Penedos do CEIP Laredo e a ANPA Paulina Sánchez Otero do IES Illa San Simón, dita participación é para recaudar fondos para as excursións de fin de curso. A maiores tamén estará a “Fundación Santa Cruz” cos traballos que elaboran as persoas usuarias desa institución.

Con este Mercadillo búscase fomentar a solidariedade e apoiar o traballo vital destas entidades que operan no eido social e asistencial no noso municipio.

O principal desta iniciativa é dobre: por unha banda, recadar fondos para que as asociacións participantes poidan continuar cos seus proxectos e servizos esenciais, e por outra, ofrecerlles un espazo para visibilizar as súas causas e concienciar á cidadanía sobre as realidades que abordan.

Desde o Concello de Redondela anímase a toda a cidadanía a achegarse e colaborar con esta causa, xa que “a solidariedade é un valor fundamental da nosa sociedade para construír unha comunidade máis xusta” sinala Rivas.

Compartir