– É a segunda vez que o Concello ordena suspender a actividade nesta parcela de Vilar. A suspensión é debido aos movementos de terra, feitos que poden ser constitutivos de infracción urbanística. Tamén se ordena a retirada de materiais e maquinaria para garantir a total interrupción da actividade construtiva. O imcumprimento da orde pode acarexalle á empresa multas de ata 10.000 euros.
– A alcaldesa , Digna Rivas , explica que “non se vai permitir que se incumpra a normativa urbanística”. Desde o primeiro momento o goberno municipal tomou as medidas oportunas, “e xa é a segunda vez que incumpren a legalidade”. Estas obras no barrio da Millarada xa foron paralizadas en agosto de2025 polos movementos de terra en parte da parcela.
O Concello de Redondela suspende de forma inmediata, por segunda vez, as obras no Camiño da Lagoa, no barrio da Millarada, como medida cautelar. A finca en cuestión atópase na parroquia de Vilar de Infesta. Esta suspensión é debido aos movementos de terra mediante o recheo de parte da parcela con terra vexetal e xabre nunha superficie total duns 400 m² e os amoreamentos de terras vexetais e xabre na parte alta da parcela. Ocupan unha superficie duns 50 m² mediante tres montículos dunha altura aproximada duns 2,50 m² cada un. Estes feitos poden ser constitutivos de infracción urbanística. Tamén se ordena desde a administración municipal a retirada de materiais e maquinaria empregados na execución das obras coa finalidade de garantir a total interrupción da actividade construtiva.
A concellería de Urbanismo advirte que, de non paralizar as obras no prazo de 24 horas seguintes á notificación, poderase proceder ao precintado das obras, retirada de materiais e maquinaria, suspensión de subministracións ou execución forzosa mediante a imposición de multas. As sancións, por importe de 1.000 a 10.000 euros, serán reiterables ata acadar o cumprimento da orde de paralización e calquera outra medida que sexa conveniente en prol da efectividade da suspensión. O incumprimento da orde poderá dar lugar a que se poña en coñecemento do Ministerio Fiscal para a depuración das responsabilidades penais a que puider dar lugar. A maiores o vixilante de obras do Concello procederá á vixilancia periódica do cumprimento da orde de paralización das obras.
A alcaldesa , Digna Rivas , explica que “non se vai permitir que se incumpra a normativa urbanística. Desde o primeiro momento este goberno municipal tomou as medidas oportunas. É é a segunda vez que incumpren a legalidade”. Estas obras no barrio da Millarada xa foron paralizadas en agosto de 2025 polos movementos de terra na parcela.