Concello de Redondela

O Concello outorga a Guillermo García o recoñecemento “Orgullo redondelán”

O Concello de Redondela acolleu onte a recepción a Guillermo García Alonso . O deportista acadou esta temporada grandes éxitos a nivel nacional e autonómico quedando 1º na Copa de España de ciclocross 2025/26 en categoría cadete, 1º no Campionato galego de XCO 2025 en categoría cadete e 3º no Campionato de España de ciclo cross 2025/26 en categoría cadete.

Guillermo recibiu o diploma “Orgullo redondelán” e a insignia do Concello de mans da alcaldesa, Digna Rivas, e do concelleiro de Deportes, Antonio Cabaleiro, como “recoñecemento e homenaxe polo seu traballo e méritos deportivos”. Para a alcaldesa é “un luxo” que este municipio conte con deportistas “ao máis alto nivel no ciclo cross e augúrolle “moitos éxitos” no futuro a Guillermo García que con tan só 15 anos destaca no panorama galego e estatal “como unha firme promesa do deporte”. Guillermo García conta cun gran palmarés desde o ano 2024 ata o día de hoxe:

-1º Copa Galicia de XCO 2024 en categoría infantil.

-1º Campionato galego de XCO en 2024 en categoría infantil.

-1º Campionato de España XCO 2024 en categoría infantil.

-1º Campionato galego de DH 2024 en categoría infantil.

-1º Copa Galicia de ciclo cross 2024/25 en categoría cadete.

-2º Campionato de Galicia de ciclo cross 2024/25.

-1º Copa Galicia de XCO 2025 en categoría cadete.

-1º Campionato galego de XCO 2025 en categoría cadete.

-1º Copa de España de ciclo cross en 2025/26 en categoría cadete.

-3º Campionato de España de ciclo cross 2025/26 en categoría cadete.

O acto de homenaxe celebrouse no antigo salon de plenos e particiaron tamén o pai do deportista, David García, e o voceiro do BNG na Corporación Municipal, Xoán Carlos González.

Compartir