Skip to main content

Concello de Redondela

OBRADOIRO DE INTERPRETACIÓN

O Concello de Redondela abre o prazo de inscrición a partir do 3 de setembro para as Aulas Municipais de Teatro do curso 2026/2027

A actividade desenvolverase de outubro de 2026 a xuño de 2027 no Multiusos da Xunqueira.
O programa ofrece grupos adaptados para rapaces, adolescentes e persoas adultas.

REDONDELA — O Concello de Redondela pon en marcha un ano máis as Aulas Municipais de Teatro para a tempada 2026/2027, cunha oferta formativa deseñada para abarcar diferentes idades e fomentar a expresión artística, a creatividade e o traballo comunitaro entre a veciñanza.
As clases impartiranse nas instalacións do Multiusos da Xunqueira a cargo de Roberto Casal Mouriño dende o mes de outubro de 2026 ata xuño de 2027. Este ano, como novidade, ábrese un novo grupo para idades comprendidas entre os 10 e os 12 anos. Dado que as prazar son limitadas, recoméndase ás persoas interesadas realizar a inscrición o antes posíbel.
Horarios e grupos por idades
Martes — Grupo Xuvenil (10 a 12 anos): de 17:00 a 18:30 h.
Mércores — Grupo Adultas (+18 anos): de 17:00 a 18:30 h.
Mércores — Grupo Adolescentes (13 a 17 anos): de 19:00 a 20:30 h.
Inscricións e información
O proceso de inscrición xestiónase directamente a través do Concello de Redondela a partir do 3 de setembro. As persoas interesadas poden obter máis información ou tramitar a súa solicitude dirixíndose ás oficinas municipais ou a través da web e canles oficiais do Concello.

Compartir