O Concello de Redondela está a elaborar o seu III Plan Local de Infancia e Adolescencia e queremos contar con vós.
Queremos facer de Redondela un concello máis amigable coa infancia e a adolescencia, tendo en conta as vosas necesidades, ideas, opinións e preferencias.
Por iso, a vosa voz é moi importante. Queremos saber que vos gusta, que cambiariades e que credes que podemos mellorar.
Participade nas nosas enquisas:

Axudádenos a construír,entre todas e todos, a Redondela que queredes!