Concello de Redondela

Plan + Provincia año 2026

A Deputación Provincial de Pontevedra, dentro do seu PLAN + PROVINCIA PARA A ACTIVACIÓN DO EMPREGO 2026 (LIÑA 3), acordou conceder ao Concello de Redondela financiación para:

Liña 3: Activación do Emprego 2026

A Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Pontevedra, na súa sesión ordinaria do día 27 de febreiro de 2026, acordou conceder unha subvención ao Concello de Redondela, polo procedemento de concorrencia non competitiva, ao abeiro do Programa de activación do emprego da Deputación de Pontevedra 2026 (Liña 3), por importe de 247.823,65 € para a realización da actuación denominada “CONSERVACIÓN E FUNCIONAMENTO DE BENS E SERVIZOS MUNICIPAIS CONCELLO DE REDONDELA 2026”, para a contratación dos traballadores e categorías laborais que se relacionan na seguinte táboa:

Concello

REDONDELA

Número de traballadores

11

Obxecto da subvención

(número de contratos, tipo de xornada e duración)

6 peóns de obras e servizos a xornada completa durante 9 meses

2 axudantes de servizos (actuacións de electricidade) a xornada completa durante 9 meses

3 guías turísticos a xornada completa durante 6 meses

Importe a conceder

247.823,65 €

(Bases reguladoras do Plan de obras e servizos de competencia municipal 2026-2027 (Plan +Provincia 2026-2027) da Deputación Provincial de Pontevedra (Liña 3: Activación do emprego 2026) e extracto das mesmas, publicadas no BOPPO núm. 1 do 02.01.2026).

Compartir