Skip to main content

Concello de Redondela

Cursos de informática de setembro a novembro de 2026

A Concellería de Novas Tecnoloxías do Concello de Redondela, que xestiona Antonio Cabaleiro, desenvolverá durante os meses de setembro a novembro, a través das Aulas CeMIT de Redondela e Chapela, cursos totalmente gratuítos dirixidos ao público en xeral, abarcarán diferentes ámbitos da informática.

Para estes cursos ofértanse en diferentes horarios mais de 100 prazas para diferentes cursos e horarios na aula de Redondela, cun total de 16 postos e na de Chapela con 12 postos.

As formacións son as seguintes:

Aula CeMIT Redondela (Luns e mércores) Período: Do 14 de setembro ao 16 de novembro

  • Crea un Blog con Blogger (ferramenta de Google) – Sistema operativo Linux

    • Datas: 14/09 ao 16/11 | Horario: 10:00 – 11:30 h

  • Competencias Dixitais coa IA – Gemini – Sistema operativo Linux

    • Datas: 14/09 ao 16/11 | Horario: 12:00 – 13:30 h

  • FreeOffice – Suite ofimática (S.O. Windows): Textos e follas de cálculo

    • Datas: 14/09 ao 16/11 | Horario: 17:00 – 18:30 h

Aula Aberta – Redondela (Venres)

  • Talleres para adultos – Consultas e dúbidas: 18/09 ao 16/10 | Horario: 09:30 – 12:00 h

  • Formularios editables en PDF – Sistema operativo Linux: 18/09 ao 16/10 | Horario: 12:00 – 13:30 h

Aula CeMIT Chapela (Martes e xoves) Período: Do 15 de setembro ao 17 de novembro

  • Informática aplicada a Contabilidade Básica (con follas de cálculo Calc en Linux)

    • Datas: 15/09 ao 17/11 | Horario: 10:00 – 11:30 h

  • Introdución ao Deseño con Draw de LibreOffice (S.O. Linux)

    • Datas: 15/09 ao 17/11 | Horario: 12:00 – 13:30 h

  • Competencias Dixitais coa IA – Gemini (S.O. Linux)

    • Datas: 15/09 ao 17/11 | Horario: 17:00 – 18:30 h

Aula Aberta – Chapela (Venres)

  • Talleres para adultos – Consultas e dúbidas: 23/10 ao 13/11 | Horario: 09:30 – 12:00 h

  • Competencias Dixitais Básicas para adultos (S.O. Linux e Windows): 23/10 ao 13/11 | Horario: 12:00 – 13:30 h

As instancias para participar nos cursos pódense recoller na páxina web de Redondela (www.redondela.gal), no Centro de Formación A Marisma (ao carón da piscina municipal) e no multiúsos da Xunqueira en Redondela. En Chapela pódense solicitar nas Dependencias dos Servizos Sociais.

A presentación solicitudes e a documentación precisa farase nos rexistros habilitados no Concello de Redondela. A selección será por orde de inscrición. Posteriormente, ao alumnado con praza concedida chamaráselle por teléfono para confirmar a súa participación.

CURSOS PARA REDONDELA Y CHAPELA 2026 SETEMBRO NOVEMBRO

FICHA DE INSCRIPCIÓN DO ALUMNADO REDONDELA SETEMBRO-NOVEMBRO 2026

FICHA DE INSCRIPCIÓN DO ALUMNADO CHAPELA SETEMBRO-NOVEMBRO 2026

 

Compartir