As Bibliotecas Municipais de Redondela presentamos o novo Reto Lector 2026.
Unha proposta suxestiva, estimulante e lúdica de facer percorridos lectores ao longo do ano. Consta de 9 lecturas a completar, que se poderán desenvolver dende o luns 2 de febreiro e ata acabar 2026.
9 desafíos lectores que van desde ubicacións xeográficas, pasando por etnoloxía, xéneros literarios, paisaxes, contidos ou improntas emocionais. Un enredo no que gozaredes de ler libros diferentes, e para o que podedes contar, coma non, coas suxestións do persoal das vosas bibliotecas.
Podedes compartir a vosa participación nas Redes Sociais, co cancelo #RetoLector2026BibliotecasRedondela
- REQUISITOS:
– Para lectores e lectoras ADULTOS (a partir dos 14 anos).
– Contaranse para o reto só os libros prestados nas Bibliotecas Municipais de Redondela.
– As persoas participantes levarán o seu PASAPORTE lector.
– Con cada devolución do libro prestado, selarase cada unha das casiñas do pasaporte. Podedes facelo tanto na Biblioteca de Redondela como na de Chapela.
– Podedes facer o reto seguindo orde que prefirades. Do que se trata é de completar as 9 propostas.
– O tempo para realizalo será desde o luns 2 de febreiro e ata o 31 de decembro.
- SORTEO:
– As persoas que completen os 9 retos participarán nun sorteo dunha cesta de libros, que se celebrará nas primeiras semanas de 2027.
– Faranse dous sorteos, un para cada biblioteca:
- Biblioteca Valle-Inclán de Redondela.
- Biblioteca Xela Arias de Chapela.
– Para os premios, contaremos coa colaboración inestimable da Fundación Filomena Rivero Alonso.

