Que ledicia nos da anuncialo! Despois de longo tempo volven as colaboracións do Ciclo Superior de Educación Infantil do IES Chapela coas bibliotecas municipais.
Os martes 28 de abril e mais 5 de maio, a Biblioteca Xela Arias de Chapela contará con actividades programadas para os máis cativos da casa.
“7 sorrisos e un conto” é a proposta que nos achega o alumnado do Ciclo Superior de Educación Infantil para ofrecer a cativos e cativas a partir de 2 anos.
Contacontos, búsqueda do tesouro, pintura en cristal, semente de flores, pintacaras… e moito máis nunha pequena gran festa coa que festexar a primavera e mais a lectura.