As bibliotecas municipais de Redondela renovan o club infantil Tropa Creativa.
Volve esta reunión mensual de rapaces e rapazas da nosa contorna, para aprender e divertirse arredor da historia da arte, as lecturas e os traballos manuais.
- Reunións mensuais. Un martes de cada mes.
- Horario: de 18:00 a 19:30 h.
- Idades: entre 8 e 12 anos.
- Na Biblioteca Xela Arias de Chapela.
- Coordinadora do club: Noa L. Lorenzo.
Xa podedes anotarvos ou renovar a vosa inscrición se xa participastes o pasado curso.
A primeira das xuntanzas desta temporada será:
- MARTES 20 de outubro, de 18:00 a 19:30 h.
Tropa Creativa é un espazo de xuntanza, aprendizaxe e diversión. Unídevos contactando coa biblioteca:
BIBLIOTECA XELA ARIAS DE CHAPELA
- ☎️986-454-226
- 📫bibliotecachapela@redondela.gal