Redondela imaxina o futuro do seu litoral unindo arte, ciencia e marisqueo ![]()
Este venres, 2 de outubro de 2026, a praia de Cesantes (A Punta) acolle a xornada final do proxecto “MARISCANDO CONCIENCIAS PARA O FUTURO”. Unha cita aberta a toda a cidadanía para compartir os resultados e aprendizaxes deste intenso traballo colectivo desenvolvido ao longo de 2025 e 2026 co obxectivo de deseñar un horizonte sostible para a Enseada de San Simón de cara ao ano 2040.
O gran atractivo do día será a estrea de “Á beira, ou como (re)situar o corpo na orilla”. Esta peza de danza única nace da convivencia entre as nosas mariscadoras a pé e bailarinas profesionais, traducindo en movemento a memoria, as vivencias e o futuro deste oficio tradicional.
Acompáñanos neste broche de ouro para poñer en valor o noso patrimonio mariñeiro e a sustentabilidade da nosa costa. Agardámoste! ![]()
Xornada final do proxecto “MARISCANDO CONCIENCIAS PARA O FUTURO”
2 Outubro
@
12:30
-
21:00
Información
2 Outubro
@
12:30
-
21:00