Mañá, 2 de outubro, Redondela convértese no epicentro da reflexión histórica e social coa xornada “Seíam eu… en San Simón. E agora que? O futuro da Memoria Democrática”, organizada polo Consello da Cultura Galega en colaboración co Concello de Redondela.
Nun presente onde todo muda rápido, como construímos un futuro democrático baseado no noso pasado? É o momento de analizar criticamente o camiño andado e buscar novas formas de narrar a nosa historia, especialmente para as novas xeracións.
• Mesas de debate con representantes políticos e especialistas en investigación histórica.
• Temáticas clave: Recuperación de vítimas, lugares de memoria, docencia e o papel das redes sociais na concienciación cívica.
• Un espazo aberto e plural para edificar novas bases de convivencia.
O programa contará coa participación de representantes políticos que se ocupan destes temas dende hai anos e especialistas na análise da investigación histórica realizada, para rematar cun debate final sobre os novos xeitos de achegarnos á sociedade en clave de futuro. Temáticas como a recuperacións das vítimas, os lugares de memoria, a docencia en memoria democrática ou as posibilidades das redes no camiño da concienciación ética e cívica estarán presentes nunha xornada de debate aberto e plural. Agardamos que os relatorios e as conversas sirvan para edificar e consolidar novos camiños ao redor do futuro da Memoria Democrática e das nosas bases da convivencia, claves para o noso futuro e o noso presente.
