Cargando eventos

Xornada final do proxecto “MARISCANDO CONCIENCIAS PARA O FUTURO”

2 Outubro @ 12:30 - 21:00

🌊 Redondela imaxina o futuro do seu litoral unindo arte, ciencia e marisqueo 🐟

📢 Este venres, 2 de outubro de 2026, a praia de Cesantes (A Punta) acolle a xornada final do proxecto “MARISCANDO CONCIENCIAS PARA O FUTURO”. Unha cita aberta a toda a cidadanía para compartir os resultados e aprendizaxes deste intenso traballo colectivo desenvolvido ao longo de 2025 e 2026 co obxectivo de deseñar un horizonte sostible para a Enseada de San Simón de cara ao ano 2040.

✨ O gran atractivo do día será a estrea de “Á beira, ou como (re)situar o corpo na orilla”. Esta peza de danza única nace da convivencia entre as nosas mariscadoras a pé e bailarinas profesionais, traducindo en movemento a memoria, as vivencias e o futuro deste oficio tradicional.

Acompáñanos neste broche de ouro para poñer en valor o noso patrimonio mariñeiro e a sustentabilidade da nosa costa. Agardámoste! 💙

Información

2 Outubro @ 12:30 - 21:00

Recinto

Praia de Cesantes

Redondela, Pontevedra 36693 Spain

Organiza