Concello de Redondela

Deportes

A área de Deportes do Concello de Redondela ofrece a posibilidade de realizar as reservas de pistas de tenis e pádel, a través de Internet mediante o servizo de reservas en liña. A través desta páxina terás dispoñibilidade da nosa axenda para que poidas solicitar reserva previa comodamente sen esperas e 24 horas ao día e 7 días á semana.

Para darte de alta no sistema, achégate ao Departamento de Deportes do Concello.

Lei 3/2012, do 2 de Abril, do deporte de Galicia

Contacta

– O proxecto para a reforma do Pavillón Municipal de Reboreda inclúe a renovación total da pista deportiva, que será de tarima, a reforma dos vestiarios e a mellora da accesibilidade cun novo acceso desde o exterior. A reforma ascende a 388.000 euros e transformará un espazo obsoleto nun complexo deportivo de vangarda.
– A alcaldesa, Digna Rivas, sinala que o obxectivo é ofrecer á veciñanza unhas instalacións “modernas, eficientes e cómodas”. O pavillón municipal forma parte do día a día da parroquia, xa que é empregado tanto polos clubs locais como polo alumnado do CEIP Reboreda, ao carecer o centro de instalacións deportivas propias.

O Concello de Redondela presenta o proxecto para as obras de reforma e modernización do pavillón municipal de Reboreda por un importe de 388.000 euros. As obras centraranse en tres eixos principais: a renovación da pista deportiva coa instalación de tarima que garanta a seguridade dos deportistas e optimice a práctica das distintas disciplinas; a modernización dos vestiarios cunha reforma integral das zonas de cambio e aseo, mellorando o confort e a eficiencia enerxética; e a mellora da accesibilidade coa creación dunha nova entrada desde o exterior para garantir a mobilidade e mellorar a experiencia do público que acode a presenciar os eventos. Tamén se reformará o almacén para facelo máis operativo e renovarase toda a instalación eléctrica.

A alcaldesa, Digna Rivas, explica que actualmente as instalacións “están deterioradas polo paso do tempo e a pista non reúne boas condicións para a práctica deportiva”. Por outra banda, os vestiarios están “obsoletos” e “non son accesibles para persoas con mobilidade reducida”. Tras a reforma Reboreda contará complexo deportivo “totalmente renovado, eficiente e acorde ás necesidades do século XXI”, afirma Rivas.

O pavillón de Reboreda é unha peza fundamental ns vida da parroquia xa que as súas instalacións son empregadas polos clubs de fútbol sala Casa Paco, Campito e Redondela, ademais de Meigarco. O pavillón municipal é empregado tamén a diario polo alumnado do CEIP de Reboreda para realizar a actividade de Educación Física, ao carecer o centro de instalacións deportivas propias da Consellería de Ensino.

Con este proxecto o Concello reafirma o seu compromiso co deporte base e a educación, asegurando que rapazada e adultos dispoñan de instalacións cómodas e seguras. “Queremos que usuarios e público desfruten dun pavillón funcional, eficiente e moderno para toda a parroquia”, sinalan dende o Concello.

A nova pista de tarima de madeira deportiva instalarase sobre compoñentes elásticos específicos para este tipo de instalacións. Os vestiarios serán totalmente renovados e contarán cunha cabina adaptada para persoas con mobilidade reducida. A mobilidade mellorará cun novo acceso desde o exterior para evitar que o público teña que entrar polo corredor de vestiarios. Nesta nova porta crearase unha pequena rampla para facer a entrada máis accesible. Co obxectivo de mellorar a iluminación e facela máis sostible, o proxecto inclúe a renovación de toda a instalación eléctrica, con novo cableado e iluminación con tecnoloxía LED de baixo consumo. A reforma do pavillón contempla tamén a división do almacén en tres espazos independentes para facelo máis operativo. O proxecto presentouse ao III Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas da Deputación de Pontevedra para acadar o financiamento necesario.

Antonio Cabaleiro, Digna Rivas e Ramón Castro nas instalacións do campo de Santa Mariña
– Comezaron os traballos de reforma no Campo Municipal de Santa Mariña que consistirán na renovación integral dos vestiarios, almacén e outras instalacións. Os traballos ascenden a 249.386 euros que se financian co II Plan de Infraestruturas Deportivas da Deputación. O proxecto inclúe a substitución de toda a iluminación actual por tecnoloxía LED nos campos de fútbol e pistas de tenis anexas, o que suporá un aforro de máis de 30.000 euros ao ano.
– Digna Rivas salienta que se trata dunhas instalacións “totalmente obsoletas, con décadas de antigüidade e nun estado de conservación pésimo, xa nunca se realizaron traballos de mellora”. Esta reforma é “moi necesaria para os preto de 300 rapaces e rapazas que utilizan estas instalacións e que merecen uns vestiarios modernos, dignos e que cumpran coas súas necesidades”.

A alcaldesa, Digna Rivas, e o concelleiro de Deportes, Antonio Cabaleiro, visitaron o Campo de Fútbol Municipal de Santa Mariña xunto a Ramón Castro, da directiva do CD Choco. Os traballos de reforma xa comenzaron para acometer a renovación integral dos vestiarios, oficinas e almacén, así como unha nova iluminación LED. Estas instalacións municipais presentaban un estado de conservación pésimo, xa que teñen varias décadas de antigüidade e ata o de agora nunca se realizaran traballos de mellora. Digna Rivas salienta que se trata dunhas obras “moi necesarias” para os preto de 300 rapaces e rapazas que utilizan estas instalacións “e que merecen uns vestiarios modernos, dignos e que cumpran coas súas necesidades”.

A reforma incluirá todos os vestiarios, aseos e lavabos, a sala de fisioterapia, zona da lavandaría, sala de caldeira, local social e almacén. Instalarase un novo pavimento, tamén novas xanelas e portas que permitirán un illamento óptimo, renovarase toda a instalación de fontanaría e impermeabilizarase a cuberta para evitar filtracións.

Aposta pola eficiencia enerxética

O proxecto de reforma inclúe a substitución de toda a iluminación dos campos de fútbol e as pistas de tenis anexas por tecnoloxía LED máis eficiente. Isto vai permitir unha importante redución no consumo eléctrico cun aforro de máis de 30.000 euros anuais. A alcaldesa explica que este proxecto vai na liña da estratexia do Concello, que aposta pola eficiencia enerxética, un plan que xa se vén aplicando nos últimos anos. En 2024 renovouse o sistema de iluminación nos cinco pavillóns municipais, cun aforro medio de 15.000 euros ao ano na factura eléctrica grazas á iluminación LED.

O proxecto de reforma no Campo de Fútbol de Santa Mariña está valorado en 249.386 euros, e finánciase co II Plan de Infraestruturas Deportivas da Deputación de Pontevedra.

– Deportistas de todas as idades daranse cita o próximo sábado, día 20, en Redondela na V Carreira Popular Infantil e a IV Contrarreloxo por equipos. As dúas citas, organizadas polo Concello en colaboración co club de atletismo CAR, celébranse a partir das 18.00 horas coa proba infantil e ás 20.00 coa contrarreloxo. O prazo de inscrición para as dúas carreiras está aberto ata este mércores, día 17 de setembro, na páxina web de Cronotec.
– A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, e o concelleiro Antonio Cabaleiro presentaron esta cita deportiva que coincide co 13º aniversario do CAR, xunto aos directivos do club Pilar Nieto, Gabriel Corugeira e a presidenta Ana Romasanta. Tanto desde o Concello de Redondela como desde o club animan aos amantes do atletismo a sumarse a este evento para gozar dunha xornada de deporte e convivencia.

Deportistas de todas as idades daranse cita o próximo sábado, día 20, en Redondela coa V Carreira Popular Infantil e a IV Contrarreloxo por equipos. As dúas citas, organizadas polo Concello en colaboración co club de atletismo CAR, celébranse a partir das 18.00 horas coa proba infantil e ás 20.00 coa contrarreloxo. O prazo de inscrición para as dúas carreiras está aberto ata este mércores, día 17 de setembro, na páxina web de Cronotec.

Esta nova edición da carreira popular infantil está dirixida a nenos e nenas nacidos entre o 2010 e o 2023. A rapazada terá que percorrer diferentes distancias dependendo das súas idades. Así, a distancia da carreira será de 50 metros para os máis pequenos até os 2.300 metros para os maiores. A partir das 18.00 horas comezarán as carreiras na rúa Alfonso XII. A meta estará situada na mesma rúa, fronte á Casa do Concello.

Tamén está aberto o prazo de inscrición para a IV Carreira Contrarreloxo por Equipos que se celebrará na mesma xornada a partir das oito da tarde. Os equipos deberán estar formadas por entre 4 e 6 compoñentes. No caso dos equipos mixtos, un mínimo de 2 compoñentes terán que pertencer ao xénero contrario. O percorrido terá unha distancia de 5.000 metros que comezará no centro da vila e rematará diante do Concello, onde estará situada a meta. A inscrición inclúe os gastos de xestión e o prezo é de 8,50 euros.

Na proba infantil, a tres días de que pechen as inscricións, hai reservas de máis de 160 participantes, mentres que na contrarreloxo hai anotados máis de 70 corredores.

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, e o concelleiro Antonio Cabaleiro presentaron esta cita deportiva que coincide co 13º aniversario do CAR, xunto aos directivos do club Pilar Nieto, Gabriel Corugeira e a presidenta Ana Romasanta. Tanto desde o Concello de Redondela como desde o club animan aos amantes do atletismo a sumarse a este evento para gozar dunha xornada de deporte e convivencia.

There is no Event

Deportes

No Descargas found!

    De interese...

    INSTALACIONS DEPORTIVAS

    ESPAZOS ABERTOS

    RESERVA DE PISTAS

    SUBVENCIÓNS

    Concello de Redondela, a través do seu Concellería de Deportes,, nos termos que dispón a presente lei, a lexislación de réxime local e a lexislación sectorial do Estado, exercerá no seu correspondente ámbito territorial as seguintes competencias:

    Fomentar, promover e difundir o deporte, especialmente o deporte en idade escolar.

    1. Promover e, no seu caso, executar, no ámbito da súa competencia, os programas xerais do deporte, mediante a coordinación coa Administración autonómica, así como coa colaboración con outros entes locais, federacións deportivas galegas ou outras asociacións deportivas.
    2. Construír, xestionar, ampliar e manter as instalacións deportivas de titularidade municipal e, no seu caso, a xestión e mantemento das de titularidade autonómica cuxo uso e xestión sexanlles cedidos, tendo en conta a cualificación adecuada do persoal responsable para esas finalidades.
    3. Velar pola plena utilización das instalacións deportivas da súa titularidade, procurar a participación das asociacións deportivas do seu ámbito municipal na optimización do uso destas e coidar as súas condicións de hixiene e seguridade.
    4. Fomentar e apoiar a creación de asociacións deportivas no seu ámbito territorial, especialmente nos centros de ensino, barrios e centros de traballo.
    5. Procurar que nos plans de ordenación urbanística establézanse as reservas de espazos e cualificacións de zonas para a práctica do deporte, así como a instalación de equipamentos deportivos e levar un censo actualizado no seu ámbito territorial de instalacións deportivas de uso público, tanto de titularidade pública como privada.
    6. Autorizar, de conformidade cos requisitos xerais, a realización de actividades deportivas fose das instalacións deportivas e en patrimonio público municipal.
      Organizar campionatos e eventos deportivos de carácter local.
    7. Calquera outra actuación que redunde en beneficio do desenvolvemento deportivo local ou que lles poida ser atribuída legal ou regulamentariamente e que contribúa aos fins ou obxectivos da presente lei.
    8. Contará cunha área de deportes, que poderá ser mancomunada, para contribuír a levar a actividade físico-deportiva a toda a cidadanía e garantir o pleno aproveitamento social das instalacións.

    Compartir