Concello de Redondela

Cultura

A área de Cultura do Concello de Redondela encárgase de organizar e contratar as actuacións culturais do municipio e dinamizar os grupos e actividades da zona.

Contacta

– As asociacións e colectivos interesados teñen ata o 21 de abril para anotarse no rexistro municipal ou na sede electrónica. A alcaldesa, Digna Rivas, destacou a importancia de manter viva esta herdanza: “Os Maios son moito máis que esculturas vexetais; son resultado do traballo colectivo e a ilusión de moitas xeracións. Convidamos a toda a veciñanza a vivir a festa”.
– O Goberno local mantén a súa aposta pola tradición consolidando as axudas de 200 euros por cada maio participante, ademais de premios en metálico para os tres mellores dotados de 200, 250 e 300 euros en cada unha das catro categorías.

Redondela prepárase para recibir a primavera coa súa emblemática Festa dos Maios, unha das citas máis senlleiras do calendario cultural galego. O Concello vén de anunciar a apertura do prazo de inscrición para o concurso de figuras e coplas, convidando a toda a veciñanza, asociacións e colectivos a ser partícipes desta explosión de arte natural e retranca que terá o seu día grande o vindeiro 1 de maio.

Tras o éxito acadado en edicións anteriores, o Concello reafirma o seu apoio a esta tradición mantendo a contía das axudas directas por participación. Así, cada grupo que presente un maio ao concurso recibirá unha subvención de 200 euros, co obxectivo de sufragar os gastos de elaboración e fomentar que ningunha parroquia quede sen representación.

A alcaldesa, Digna Rivas, destacou a importancia de manter viva esta herdanza: “Os Maios son moito máis que esculturas vexetais; son o resultado do traballo colectivo e a ilusión de moitas xeracións. Queremos que Redondela siga sendo o referente que é, onde a creatividade dos maios artísticos convive co respecto polos nosos tradicionais conos e cruceiros”. Desde o Concello convídase a todos os colectivos a que se somen a esta festa. O ano pasado superáronse as 20 agrupacións “e este ano o reto é seguir medrando para demostrar que a tradición redondelá ten o futuro asegurado”, concluíu Rivas.

O prazo para formalizar a participación estará aberto ata o vindeiro 21 de abril. As entidades interesadas poden realizar o trámite de xeito presencial no rexistro do Concello ou a través da sede electrónica municipal.

Categorías e Premios

O certame volverá contar con catro categorías competitivas: Maio Tradicional, Maio Artístico, Copla e Interpretación. Para cada unha delas, establécense premios de 300 euros para o 1º clasificado, 250 euros para o 2º e 200 euros para o 3º. En total, o Concello outorgará 12 premios que recoñecerán tanto a calidade plástica das figuras (feitas con elementos naturais como fentos, flores ou ovos) como o enxeño e a crítica social das coplas cantadas ao ritmo das castañolas.

O Multiúsos e o paseo da Xunqueira, así como os soportais do Concello, acollen a exposición colectiva de tres artistas redondeláns: Manuel Seijas, Olimpio Giráldez e José Ángel Xesteira. Esta mostraconmemorativa celebra os 60 anos da primeira vez que se reuniron para expoñer as súas obras, fito que repetiron 30 anos despois.

A exposición, que se pode ver ata o 26 de marzo, reúne obras das xa expostas nas anteriores mostras así como outras novas, con diferentes estilos e técnicas. O acto de inauguración, no que participaron a alcaldesa, Digna Rivas, e a concelleira de Cultura, Rita Pérez, congregou a un nutrido grupo de veciños e veciñas, familares e amizades dos tres artistas. Seijas, Giráldez e Xesteira conincidiron en reclamar “máis cultura, e menos guerra”. Rivas puxo o acento no dinamismo da sociedade redondelá, que é un “exemplo” de compromiso coa cultura, as liberdades, a solidariedade e a democracia “como nos demostran nesta exposición estes tres artistas, persoas ben coñecidas e queridas nesta vila”.

 

FOTO: A concelleira de Cultura, Rita Pérez Táboas, e a alcaldesa Digna Rivas con Sinda López.

– Sinda López, veciña de Redondela, cedeu ao Arquivo Municipal Audiovisual 15 fotografías familiares. As imaxes son de seu pai, Castor López, garda municipal do Concello de Redondela entre os anos `50 e ’70 do pasado século, e tamén de oficios, celebracións e da vida cotiá da vila naquelas décadas. Con esta doazón o fondo conta xa con máis de 75.000 fotografías cedidas pola veciñanza.
– A alcaldesa , Digna Rivas, agradeceu o xesto desta veciña e anima á veciñanza “a seguir este exemplo e facilitar ao Arquivo Municipal fotografías que poidan ter nas súas casas do noso pasado, de tradicións ou celebracións coas que seguir ampliado o fondo audiovisual do Concello”.

Sinda López, veciña de Redondela, acaba de ceder 15 fotografías da súa colección particular relativas ao seu pai, Castor López, que foi garda municipal no Concello de Redondela entre as décadas dos ‘50 e `60 do século pasado. Son imaxes icónicas como a policía municipal posando de gala en Vilavella ou a nevada de 1963, ademais de escenas cotiás da vila nesa época: homes traballando nunha zapatería, nenos e nenas posando nunha merenda, a festa dos Maios e outras celebracións.

Todas as fotografías foron dixitalizadas polo Arquivo Municipal e xa poden consultarse tanto nas redes sociais coma en papel nas dependencias municipais do propio Arquivo. Para consultalas na web pode facer a través do Instagram, o Facebook ou o blog do Arquivo Audiovisual Municipal. As fotografías orixinais foron devoltas á propietaria xunto cun dispositivo coa copia tamén dixital das imaxes. Con esta doazón o Arquivo Audiovisual conta xa cun total de 75.016 fotografías cedidas pola veciñanza, incluído o Fondo Fotsca. O fondo municipal conta tamén coas fotografías do propio Concello, que suman aproximadamente 3.400.

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, agradeceu o xesto de Sinda López e animou á cidadanía a seguir este exemplo e facilitar ao Arquivo municipal imaxes antigas que poidan ter nas súas casas de oficios, tradicións ou celebracións “para seguir ampliado o fondo audiovisual do Concello”. A rexedora fixo un chamamento especialmente á veciñanza das parroquias, “porque notamos unha carencia de fotografías das distintas parroquias de Redondela, por iso lles pedimos aos que teñan imaxes antigas que se poñan en contacto co Arquivo municipal”.

Abril 2026
Abr 11
11 Abril 2026
CSCR Cedeira,
Escalinata do Cruceiro, 88
Redondela, Pontevedra 36812
Abr 12
12 Abril 2026
Auditorio da Xunqueira,
Paseo da Xunqueira, s/n
Redondela, Pontevedra 36800
Abr 18
18 Abril 2026
CSCR Cedeira,
Escalinata do Cruceiro, 88
Redondela, Pontevedra 36812

Cultura

Rexistro de artistas locais

Descúbreos

ARTES ESCÉNICAS

DANZA

FOTOGRAFÍA

LITERATURA

MÚSICA

PINTURA

ESCULTURA

Registro de artistas

Compartir