Concello de Redondela

Search
Close this search box.
Search
Close this search box.

Celebramos o Día da Poesía con Andreia Costas e a memoria de Xela Arias en Chapela

A Biblioteca Xela Arias festexou esta tarde o Día Mundial da Poesía coa visita da escritora e artista visual Andreia Costas.

Unha visita destinada a darnos a coñecer o seu último poemario: “Magnolia Punk e outras arritmias”, publicado por Medulia, e que nos presentou dentro do ciclo “Aquí sí hai quen escriba”, promovido polas Bibliotecas Municipais de Redondela, para dar a coñecer a produción literaria da nosa veciñanza.

Acompañada pola música de arpa de Lorena Reinaldo, Andreia recitou algúns dos versos do poemario. Tamén, coa axuda e a complicidade do público asistente, a nosa convidada “invocou” o espírito de 𝐗𝐞𝐥𝐚 𝐀𝐫𝐢𝐚𝐬, a través dun diálogo ou “meeting poético” entre a escritora que da nome á nosa biblioteca e mais a súa concepción persoal sobre diferentes temas. Falaron de creación literaria, da visión da muller como escritora, ou o galego como lingua.

Unha experiencia fermosa e emocionante para gozar da poesía dende os sentidos.

Compartir