A Biblioteca Xela Arias vestirase de Nadal o vindeiro martes para ofrecer un contacontos para os máis cativos.
Fainos moita ilusión porque sabemos que vai ser unha actividade especial e, de seguro moi entrañable. Esto é porque faremos o espectáculo «desde dentro», contando co persoal da biblioteca, pero sobre todo porque tamén participará unha das nosas usuarias habituáis, Lía, unha rapaza afouta, divertida e grande lectora da nosa sala infantil, que porá toda a súa enerxía para que o pasemos ben.
Será un contacontos para rapazada a partir de 3 anos e familias.
Se queredes asistir teredes que inscribirvos na biblioteca, xa que as prazas son limitadas. Podedes facelo tamén contactando con nós por teléfono ou correo electrónico:
- 📞986-454-226
- 📧 bibliotecachapela@redondela.gal
A cita será o martes 17 de decembro ás 18:30 h.