Concello de Redondela

Día do Libro Infantil – Premio aos mellores lectores infantís do 2024

O 2 de abril celébrase o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, data escollida polo IBBY por coincidir co aniversario do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen.

Para festexalo as bibliotecas municipais de Redondela entregamos cadanseu Premio ao Mellor Lector Infantil do ano anterior.

  • Pola Biblioteca Valle-Inclán de Redondela a lectora premiada foi Noa.
  • Pola Biblioteca Xela Arias de Chapela o lector premiado foi Samuel Leonardo.

Ambos nenos foron os que máis uso fixeron do servizo de préstamos de cada unha das bibliotecas durante o ano 2024.

O premio consiste nun vale de gasto para mercar libros en librerías do noso municipio. Ademáis, os premiados gozarán da categoría de «Socios de honra» durante un ano na Rede de bibliotecas de Galicia, o que se traduce en condicións máis vantaxosas no servizo de préstamos da rede.

Ambos premiados estaban moi contentos e ilusionados. Dende aquí só queremos darlles os parabéns por ser tan bos lectores.

E para seguir coa celebración de tan importante efeméride, lembrade que o venres temos un contacontos na Biblioteca Xela Arias, para o que aínda vos podedes anotar.

Compartir