Concello de Redondela

Search
Close this search box.
Search
Close this search box.

Non sabemos como nin cando as Penlas se incorporaron ás celebracións do Corpus Christi de Redondela. O que si sabemos é que dende o século XVI xa participan e tamén coñecemos (grazas a Casto Sampedro, o máis importante historiador local) como vestían.

Esta danza, de suposta orixe profana, chegou ata os nosos días, coa incorporación de elementos populares, converténdose nunha das expresións artísticas máis espectaculares da Festa da Coca.

En Europa consérvanse danzas gremiais e festas da Coca pero non as figuras das nenas que parecen voar coma anxos polo ceo, espallando flores dende o alto e suxeitas sobre os ombreiros de mulleres (chamadas Burras) que bailan ao son da gaita e do tamboril.

Cómo cada año la fiesta de la coca de Redondela tiene lugar durante las fiestas del Corpus Christi. Puedes ver más información en la Web del Concello de Redondela.

Compartir