A lenda da Coca é un dos mitos máis importantes na nosa vila, o que dá orixe a un dos festivos máis coñecidos do municipio.
Di a lenda que hai séculos vivía en Redondela un dragón que usaba a máis fermosa das mulleres da aldea para o seu foxo, situado debaixo da ponte da Illa de San Simón. Os mariñeiros máis novos da cidade, fartos das maldades da bicha, decidiron darlle caza levantando as súas espadas, e, tras unha longa batalla estes saíron vitoriosos. Unha vez morto o animal, os mozos rescataron as prisioneiras e levaron o corpo da bicha ao centro da vila, onde os mariñeiros, aproveitando as espadas uns dos outros, empezaron a bailar arredor do tormento ao que deran fin.
Para lembrar esta historia antiga, cada ano na procesión do Corpus Christi desfila polas rúas a figura da Coca e realízase a "Danza das Espadas e das Penlas". Tamén é de especial interese para ver as alfombras florais feitas para o paso da procesión da Virxe "Gabacha".
A nosa tradición acabou convertida nun evento espectacular foi declarada de Interese Turístico Galego con duración de varios días, nos que se gozan dunha ampla gama de espectáculos, concertos, exposicións e verbenas nocturnas.