Concello de Redondela

Search
Close this search box.
Search
Close this search box.

Leguario da Pantalla

Este leguario, situado no barrio do Coto (parroquia de Cesantes, Redondela), está datado de finais do século XVIII e inicios do XIX.

Trátase dun sinal que identifica unha ruta oficial controlada pola Coroa e que establece a distancia en leguas ao destino final do camiño. Este leguario da Pantalla, como é coñecido, é singular. Non garda a forma habitual de pináculo que se atopa noutros casos. Aquí temos un elemento máis monumental, único ao longo de todo o camiño real.

A súa localización indícanos que estamos á entrada da vila de Redondela pero tamén ten a función conmemorativa da construción da estrada. Unha estrada que, en realidade, xa fora preparada polos romanos que lle deran o nome de Vía XIX e que na época medieval foi reconvertida no Camiño Portugués a Santiago de Compostela.

O epígrafe que existía foi borrado de maneira intencionada por dous posibles motivos: o recordo do Antigo Réxime ou a simple referencia monárquica. É posible que reproducise algo semellante ao leguario localizado a carón do convento de Vilavella: “reynando el Señor Carlos IV…”.

A tradición popular deulle un uso máis cotiá. Os mozos botaban pedras ao tímpano (o espazo triangular) co propósito de colocalas sobre a cornixa. Se quedaba, o mozo ía casar coa súa namorada.

Como chegar

Compartir